mércores, novembro 25, 2015

"O RÍO" ( Os soños na gaiola, Manuel María )




O RÍO
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta pra min tamén.

¡O río canta prás arbres
paxareiras da ribeira!
¡O río canta prós prados
e prás nubes viaxeiras!

A todos di o seu cantar
con escuro e claro son.
¡ A todos di o seu cantar
anque llo escoiten ou non !

Ningún comentario:

Publicar un comentario