domingo, xaneiro 31, 2016

"O tractor" ( Manuel María, "Os soños na gaiola " )



“O TRACTOR”

O pai arou os seus eidos
co vello arado román:
co vello arado de pau
os fillos non ararán.

¡Eu hei de ser tractorista!
¡Co meu tractor tractoeiro
erguerei a miña meda
e encherei o cabaceiro...!

¡Co meu tractor hei arar,
sementar e recoller...!
¡Farei sucos como fíos
que han de ser cousa de ver!

O meu tractor tractoeiro
terá forza de xigante:
¡nen cen parellas de bois

lle porán o pé diante!

"MARCAPÁXINAS "

Na clase de plástica fixemos uns marcapáxinas, que nos quedaron moi bonitos.
Primeiro fixemos boliñas pequeniñas de plastilina, metímolas entre dous papeis de acetato, tamén lles puxemos purpurina dourada, e metímolos na plastificadora, con coidadiño de que ao quentarse non se saíra a plasti por fora.
Por último cortámolos e puxemoslle un cordeliño, e xa están !!!! listos para meter nos nosos libros favoritos!!



"DEBUXOS PARA A PAZ"

O venres no cole, celebramos o "Día da Paz", estivemos facendo debuxos, adornamos as clases e os murais dos corredores...quedaron ben bonitos, a ver que vos parecen ????












sábado, xaneiro 30, 2016

30 de xaneiro: Día escolar da non violencia e a paz.

30 de xaneiro é o Día Escolar da non-violencia e paz. Entón, facultades, institutos e colexios xeralmente son empapelados  con frases de Ghandi e durante o recreo globos de cores son liberados. Pero esta celebración non ten senso senón se entendeu que a 30 de xaneiro celébrase e faise visible o que moitos profesoras/es e comunidades educativas traballan ao longo do ano para promover a resolución pacífica dos conflitos: dende os  internacionais até os cotiás de cada centro e en todo momento da vida.

Neste 30 de xaneiro onde  conmemora  o aniversario da morte do Mahatma Gandhi sería de obrigado cumprimento revisar a figura do homenaxeado. O filósofo italiano Domenico Losurdo ( “La cultura de la no violencia”),desmonta o mito pacifista de Gandhi e repasa o compromiso do apóstol indio no reclutamento de cidadáns do seu  país para o exército británico na Primeira Guerra Mundial, incluso a súa  iniciativa de unirse aos británicos nas súas  accións armadas para sofocar os alzamentos das colonias zulús en África, o que mostra que non era tan pacífico ni tan rebelde contra a metrópoli. Dende a súa presenza en Sudáfrica, o obxetivo de Gandhi era incorporar aos indios no grupo social da élite branca máis ca combater o racismo, como ben mostra o autor nas citas que reproduce dos textos de Gandhi.

venres, xaneiro 29, 2016

venres, xaneiro 22, 2016

OS instrumentos musicais e o baile na tradición galega

O concerto didáctico que presenciamos, pretende facer chegar ó público a grande riqueza da tradición musical galega a través do coñecemento dalgúns dos seus instrumentos musicais e dunha mostra do seu baile tradicional. http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/


 



Instrumentos musicais e baile gallego from Manuel Siaba leston on Vimeo.

martes, xaneiro 19, 2016

"Só unha escusa" Compañía de danza Tricotouses ( Teatro Principal)

Só unha escusa: Compañía de danza Tricotouses. Só unha escusa é unha estructura de danza contemporánea improvisada, creada por Cristina Montero e Rut Balbis, as súas intérpretes, que ofrecerán unha actividade pedagóxica conxunta ao espectáculo. 
 
Mirade que marabilla o noso alumno Moisés bailando coa compañía de danza Tricotouses.
 
 

O navalon no teatro principal from Manuel Siaba leston on Vimeo.

As seguintes imaxes son na Praza do Obradoiro onde o concello de Santiago de Compostela, en colaboración con The Henry Moore Foundation e Fundación 'La Caixa', inaugura unha mostra do internacional artista Henry Moore, un dos grandes mestres da escultura moderna. A exposición está comisariada por Sebastiano Barassi, xefe de coleccións e exposiciones da Fundación Henry Moore.





De camiño ao Centro.

luns, xaneiro 18, 2016

ALÍ, recursos en galego para a educación infantil.

ALÍ. Alí é un portal de recursos en galego para a educación infantil.
Creouse como ferramenta de apoio a unha actividade formativa dirixida ao persoal das escolas infantís para achegarlles material didáctico e produtos culturais en galego, facilitándolles o seu emprego na aula.
No entanto, o contido do portal é de interese para todas as persoas involucradas na educación das cativas e cativos: pais, nais, ANPAS, ludotecas, bibliotecas…

LUZES

Luzes de Galiza.  É unha revista cultural galega ten un carácter mensual, coa excepción do número 8, que liga os meses de xullo e agosto nunha mesma publicación.


Lermos.gal

Dende o pasado día 12 o país conta cun novo medio de comunicación. Por se esta circunstancia xa non fose motivo de celebración dabondo de seu, dáse o caso de que ademais se trata dun novo medio en galego e centrado na cultura. Nomeadamente, nos libros. Nace .Lermos.gal. 


domingo, xaneiro 17, 2016

"O FOGUETE" ( Manuel María )


" O FOGUETE "

O foguete sobe ao ceo
coma un raio
Perde forza e cae ó chan
nun desmaio.

¡O foguete chega ás nubes!
¡Que bravura!
¡Que de estalos! ¡ Que ruido!
¡Pouco dura!

mais a cana do foguete
cae de plano.
¡Que aguillada de xoguete!
¡Que galano!

venres, xaneiro 15, 2016

Rosa Luxemburg

Hoxe cúmprense o 97 aniversario do asasinato de Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht.
O seu pensamento, o seue compromiso, e a súa desbordante humaninade é bo que a coñeza a nosa rapazada.


EN EL 97 ANIVERSARIO DEL ASESINATO DE ROSA LUXEMBURG Y KARL LIEBKNECHT - See more at: http://marat-asaltarloscielos.blogspot.com.es/#sthash.okTDONRJ.dpuf
EN EL 97 ANIVERSARIO DEL ASESINATO DE ROSA LUXEMBURG Y KARL LIEBKNECHT - See more at: http://marat-asaltarloscielos.blogspot.com.es/#sthash.okTDONRJ.dpuf
EN EL 97 ANIVERSARIO DEL ASESINATO DE ROSA LUXEMBURG Y KARL LIEBKNECHT - See more at: http://marat-asaltarloscielos.blogspot.com.es/#sthash.okTDONRJ.dpuRosa Luxemburgo y Karl Liebknecht

HEROES ANIMADOS

O xoves 14 de xaneiro fixemos unha saída á  Sede Afundación de Santiago de Compostela. Por mór das inclemencias metereolóxicas tivemos que ir en taxi até a Rúa do Vilar onde nos esperaba a amiga Vanessa. Digo amiga porque xa non é a primeira vez, nin esperemos a última, que nos recibe, ademais é a encargada da visita guiada e do obradoiro de plástica. Moitas grazas Vanessa.

«Heroes Animados» (do 20 de novembro ao 24 de xaneiro) é unha exposición exclusiva para Afundación que pon á nosa disposición a orixinalidade, a innovación e a calidade do traballo realizado por un dos máis prestixiosos centros creativos do sector, Grangel Studio, empresa especializada na creación de personaxes para o cinema de animación que leva realizado durante os seus 25 anos de existencia importantes traballos a nivel internacional.

Esta exposición achéganos unha grande mostra de todo o proceso de creación dun personaxe a través de inesquecibles filmes coma O príncipe de ExiptoSpirit, o corcel indomableA ruta cara a El DoradoSimbad: a lenda dos sete maresO EspantatiburónsMadagascarKung-Fu PandaComo adestrar o teu dragónA Noiva Cadáver de Tim Burton, Piratas! e Hotel Transilvania.

Logo da visita tomamos unha pequena media mañá  na prata baixa da Sede Afundación. Ao remate da mesma e xa que o tempo acompañaba fomos andando para o cole, atravesando a Alameda, xogando no parque de Fonseca,...









mércores, xaneiro 13, 2016

Descubrindo onde vivimos


Esta semana e as vindeiras estamos descubrindo o lugar onde vivimos.
A presente unidade didáctica está pensada para que o alumnado sexa quen de observar o que o rodea cunha mirada nova, diferente e mesmo crítica, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa percepción do espazo e, en consecuencia, o coñecemento que ten do medio no que vive, sexa rural ou urbano. Pretendemos que esta ollada nova lle permita fuxir de emitir opinións simplistas (bonito-feo, gústame-non me gusta) e o poña no camiño de ir criando unha actitude crítica cara os espazos que habita. O traballo comeza coas percepcións sensoriais: cores, luces e sombras, olores, formas e figuras, materiais... da vivenda do alumno/a, do seu colexio e contorno máis próximo, pois só despois de descubrir e mergullarse perceptivamente no seu contorno poderán reflexionar sobre calquera outra realidade. En xeral as actividades son variadas, mesturando estratexias individuais e grupais, dentro e fóra da aula, conformando unha secuencia de actividades dirixidas. É moi importante motivar ao alumnado na realización das actividades en grupo, ben na súa realización directa ou ben na súa contrastación dentro da clase, dado que entendemos que os espazos son unha construción colectiva da que nos apropiamos e, por iso, a súa comprensión debe facerse grupalmente.
Podedes descargar o material no seguinte enlace http://proxectoterra.coag.es/index.php/arquivo/descargas-pdf.html

martes, xaneiro 12, 2016

NOMES GALEGOS PARA A CHUVIA E O CHOVER


Hoxe deixamos esta versión do poema de Díaz Castro musicado por Pablo Díaz e orientado ao público máis noviño do país.
Lembramos que Pablo Díaz recibiu no 2015 o premiio Martin Codax na categoría de música infantil.

Tamén fixemos o seguinte encrucillado.
CHUVIA E CHOVER

luns, xaneiro 11, 2016

Tipos de Chuvia

Conta a lenda.... que existen na Galiza máis de cen tipos de chuvia distinta. Na seguinte lámina recollemos 9 delas. Mirando o tempo pola fiestra da aula hoxe tivemos: Babuxa e froallo. Mañá teremos?



VISITA Á CASA -MUSEO MANUEL MARÍA EN OUTEIRO DE REI

Os primeiros calendarios xa están repartidos:
 O primeiro de todos levámolo en persoa a Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei , alí nos atendeu Fran, o encargado do Museo, fíxonos unha visita guiada  cunha explicación moi interesante, demóslle o calendario que prometeu que esa mesma tarde llo levaría a Saleta ( muller de Manuel María ), gustóulle moito.
Aproveitamos para mercar algún libro e CD da súa obra, que en breve disfrutaremos todos no cole.
Velaí unha montaxe da visita:



Os seguintes mandámosllos ao Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña, donde Pura Galán, que é a Coordinadora dos Equipos sempre nos axuda tanto.
Así que os nosos Calendarios xa están de xira...e nós con eles....!!!


domingo, xaneiro 10, 2016

CALENDARIO 2016



Este ano o calendario do cole, elaboróuno o EDLG ( o Equipo de dinamización da Lingua Galega), aproveitando a figura do escritor Manuel María, que xa todos coñecedes, que é a quen se lle adica o Día das letras Galegas deste ano.


Cada mes, unha das clases do colexio fixo un traballo relativo a algún dos seus poemas, que previamente traballaron na aula.
Para comenzar o mes de xaneiro ,foron os alumnos e alumnas do Taller de Cerámica , realizaron con barro uns Chifres, dirixidos pola profesora Susana, que por certo, algún deles ata soa ben...por suposto, para lembrarnos o poema do mesmo nome, incluído no libro "Os soños na Gaiola". Velaí a imaxe que leva este mes e o poema.





"O CHIFRE "

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan silbador e algareiro
que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre chifreiro,
que mo mercaron na feira.
O seu silbo silbador
resoa na aldea enteira...!

Eu dou ordes co meu chifre, 
ando a ordenar con silbatos:
-Que florezan as roseiras,
que chíen ben os paxaros...!

-Que maduren as cerdeiras,
as figueiras e os mazairos !
E que veñan ben cargados
de xoguetes os Reis Magos...!

-Teño un chifre de verdade!
teño un chifre verdadeiro!
Non quero chifres de palla
nin de casca de salgueiro...! 

Cada rapaz do cole levará un para casa, así que  todos o iredes vendo. Esperamos que vos guste, nel estamos todos ...