mércores, novembro 04, 2015

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas-2015-

Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións.

Desta vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira,
 quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia."
O departamento de TIC  CEIP Alexandre Bóveda leva xa un tempo preparando este LIM sobre a científica Angeles Alvariño. Se pinchades neste enlace poderedes acceder ao LIM:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandreboveda/node/442e

Tamén podes completar a seguinte actividade para saber máis da súa vida.

Ángeles Alvariño González

Ningún comentario:

Publicar un comentario