luns, novembro 30, 2015

Memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego é unha obra que explica dunha forma sinxela e concreta a vida nunha aldea de hai máis de cincuenta anos relatada por un neno que comprende perfectamente os problemas desa vida. É un texto clásico da literatura galega que contén unha gran riqueza léxica propia da zona de Galiza da que é natural o autor. Tras ler esta novela, decatámonos de como eran a vida e os valores do noso país nesa época, e axúdanos a entender a sorte que temos por poder expresarnos libremente na nosa lingua e na nosa terra. Memorias dun neno labrego

A educación prohibida



"La escuela ha cumplido ya más de 200 años de existencia y es aún considerada la principal forma de acceso a la educación. Hoy en día, la escuela y la educación son conceptos ampliamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, instituciones educativas, medios de comunicación y espacios de la sociedad civil. Desde su origen, la institución escolar ha estado caracterizada por estructuras y prácticas que hoy se consideran mayormente obsoletas y anacrónicas. Decimos que no acompañan las necesidades del siglo XXI. Su principal falencia se encuentra en un diseño que no considera la naturaleza del aprendizaje, la libertad de elección o la importancia que tienen el amor y los vínculos humanos en el desarrollo individual y colectivo.

A partir de estas reflexiones críticas han surgido, a lo largo de los años, propuestas y prácticas que pensaron y piensan la educación de una forma diferente. "La Educación Prohibida" es una película documental que propone recuperar muchas de ellas, explorar sus ideas y visibilizar aquellas experiencias que se han atrevido a cambiar las estructuras del modelo educativo de la escuela tradicional.

Más de 90 entrevistas a educadores, académicos, profesionales, autores, madres y padres; un recorrido por 8 países de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas no convencionales; más de 25.000 seguidores en las redes sociales antes de su estreno y un total de 704 coproductores que participaron en su financiación colectiva, convirtieron a "La Educación Prohibida" en un fenómeno único. Un proyecto totalmente independiente de una magnitud inédita, que da cuenta de la necesidad latente del crecimiento y surgimiento de nuevas formas de educación.

Si quieres que la peli esté en tu idioma podes ayudarnos a través de nuestra plataforma de traducción colaborativa, escribenos un mail a: traducciones@educacionprohibida.org

Se permite y alienta la copia, modificación, adaptación, traducción y exhibición pública de esta película, siempre que no existan fines de lucro y se mantengan estas mismas condiciones. Copyleft 2012. La cultura se protege compartiéndola.

Licencia: Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0"

Sitio Web Oficial (para descargarla): http://www.educacionprohibida.com
Mapa de Proyecciones Independientes: http://proyecciones.educacionprohibida.com/mapa/

Ciencia en galego (canle de vídeos)

Canle de vídeos divulgativos de carácter científico en galego do Grupo Divulgare. Conta coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

 


Máis videos na seguinte ligazón:https://vimeo.com/channels/cienciaengalego:  https://vimeo.com/channels/cienciaengalego/page:2 https://vimeo.com/channels/cienciaengalego/page:3

domingo, novembro 29, 2015

Finou Xosé Neira Vilas

Foise un grande da humildade, da galeguidade, da historia do século XX, a voz dos "ninguéns". Que a terra che sexa leve e que a memoria faga xustiza a quen tanto nos honrou en vida e obra. Até sempre!

Curta onde Semete fala co escritor sobre Memorias dun neno labrego, sobre a lingua, sobre o futuro e sobre a propia Semente.

 Entrevista realizada para as xornadas de ensino da CIG e a AS-PG o 12 de setembro de 2011 por Marga do Val. Realización Xoán Carlos Garrido



Actividades Lim:memorias dun neno labrego

xoves, novembro 26, 2015

Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela - Banda sonora de cine-

Na xornada escolar de onte (o alumnado de Programas) e hoxe (os de formáción básica) asistimos ao concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela que tivo lugar no Auditorio. O tema central do concerto foron as bandas sonoras de cine: 1. Curtametraxe O Xigante. 2. Curtametraxe Pídelo tú. 3. Jurassic Park. 4. Picapiedras. 5. Simpsoms. Aproveitando que fomos andando puxemos en práctica as nocións de seguridade viaria que nos deu esta semana a Policía Local. Na dúas primeiras imaxes podemos apreciar que a zona do colexio  carece de beirarúa para camiñar o que conleva un perigo nas saídas que facemos.



 





mércores, novembro 25, 2015

25 N. Parte III

"O RÍO" ( Os soños na gaiola, Manuel María )




O RÍO
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta pra min tamén.

¡O río canta prás arbres
paxareiras da ribeira!
¡O río canta prós prados
e prás nubes viaxeiras!

A todos di o seu cantar
con escuro e claro son.
¡ A todos di o seu cantar
anque llo escoiten ou non !

25Novembro.Parte II.


25N. Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O 25 de Novembro é o día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. No centro organizamos unha xornada para concenciar e educar  á rapazada na loita contra as violencias machistas.

 Collage feito por Formoso do G4.





Hoxe saímos na prensa

Na Voz de Galicia (na edición en papel) na páxina local de Santiago saímos verbo da visita de onte da Policía Local de Santiago de Compostela.


martes, novembro 24, 2015

Educación Viaria

Hoxe visitounos a Policía Local de Santiago de Compostela para impartir unha charla de Educación Viaria. Damos as grazas a Diana, Eulogio e Carlos pola visita e a exposición tan pedagóxica que fixeron do tema. Simplente, habia que ver á rapazada seguindo atentanente as explicacións e  respostando a todas as preguntas.Tamén agradezemos ao Concello de Santiago polo libro "un paseo seguro-consellos de educación viaria-"; E unha baralla  dee atención e memoria "seguridade viaria-Si Quero"


luns, novembro 23, 2015

Parabéns Tania!!!

Hoxe a nosa gran Tania cumpriu 16 anos. E para celebralo trouxo unha torta preciosa chea de gominolas. E como non podía ser doutro modo puxémonos morados

venres, novembro 20, 2015

Parabéns Jose Machado!!

O pasado xoves día 12 Jose Machado cupliu 15 anos. Fixeron un festón na clase onde comeron unha torta feita por eles, froita e algunha lambotada. E todo amenizado con música.



mércores, novembro 18, 2015

O MONSTRUO DE CORES ......O MEDO

Aproveitando o paso do Samaín, a semana pasada traballamos o MEDO.
Na biblioteca do centro fixemos un obradoiro de pintura donde participaron todos os alumnos.
O resultado foi o seguinte....

















NELI MELLÓRATE!!!


martes, novembro 17, 2015

ADEUS VERÓNICA!!

A semana pasada despedimos a Verónica, a nosa alumna de prácticas.
Despedímola con unha pequena festa sorpresa con todos os nosos alumnos, na cal lle agradecemos o seu traballo durante este tempo, en especial o  traballo no grupo dous.
Moitas gracias Verónica e  visítarnos pronto!!

domingo, novembro 15, 2015

" O MAR "

Xa temos poema para esta semana...titúlase " O mar"", e co bo tempo que temos estes días , resulta moi apetecible ir darse unha voltiña pola praia....




O MAR

Ti nunca viches o mar
cos seus berros bruadores,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.

-¿Tí nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?

-¿ E tí non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?

-¿Tí nunca viches o mar?
¿E sabes que non repousa?
-¿Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa!

mércores, novembro 11, 2015

Parabéns Hugo!

O pasado domingo día 8, o noso pequeno Hugo cumpliu nove anos. Por iso, hoxe celebramos o seu aniversario facendo un pouco de globoflexia, indo a piscina de bolas e montando unha festa cos seus compañeiros/as dos demais grupos do cole. Comimos gusanitos, patacas fritas, gominolas e, como non, un anaco de tarta. Despois, queimamos as calorias bailando música actual. 
En resumo, pasámolo xenial.  



BOLSA DE AUGA ATRAVESADA POR LAPIS

Seremos quen de atravesar unha bolsa chea de auga cun lapis? mira o seguinte video.


BOLSA DE AUGA ATRAVESADA POR LAPIS from Manuel Siaba leston on Vimeo.

AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

O noso Centro dispón dunha aula específica de Audición e linguaxe co obxectivo de promover e desenvolver a prevención dos problemas da linguaxe: á potenciación das capacidades comunicativo-lingüísticas, e a a solución de problemas específicos da linguaxe e comunicación.

Mellórate Tania !!!!

Tania estes días está maliña.


Queremos que te poñas ben moi pronto.

"O ARCO DA VELLA "


"O arco da vella"
( Manuel María, "os soños na gaiola")

O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín
co seu colorido.

O arco da vella
con sete colores
que teñen , no ceo,
beleza de flores.

O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreriros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella
de luz feito é.
¡ Resulta un milagre
que siga de pé !


martes, novembro 10, 2015

Piruletas cristalizadas de azucre.

PIRULETAS from Manuel Siaba leston on Vimeo.

Festival do Samaín - 2º parte -

Como xa sabedes, o pasado venres celebramos o Samaín no cole. Esta festividade, que non significa máis que o fin do verán e o principio do inverno, antigamente era a noite máis perigosa do ano xa que as portas do mundo dos mortos abríanse e as ánimas viñan visitar este mundo. Por iso, decidimos disfrazarnos de monstros e ningún mellor que o noso monstro particular: "O monstro de cores".
Para iso, ao longo da semana cada clase elaborou os seus disfraces, cada grupo dunha emoción diferente (de amarelo a alegría, de azul a tristura, de vermello a rabia, de negro o medo, e de verde a calma) e desfilamos no salón de actos baixo a música de cinco cancións que nos evocaron as diferentes emocións. 
Aquí podedes ver unhas fotos dos diferentes grupos e pequenos fragmentos do desfile dos nosos nenos.




domingo, novembro 08, 2015

Ideas para celebrar o Samaín coa rapazada

-Dentro do seu disco Brinca vai! (Kalandraka) Paco Nogueiras cántalle ao Samaín e tamén lle pon imaxes

- Dentro da colección Pimpín por aquí non vin (Galaxia), atopamos un libriño que é tamén un xogo de preguntas e respostas sobre a "festa das cabazas".












A familia máis popular entre a rapazada galega tamén celebra o Samaín. Os personaxes de Pepe Carreiro protagonizan unha unidade didáctica coa historia da festa, xogos, receitas... Sen tempo para o aburrimento.                          


 -O Samaín pode ser un bo momento para atender o que conta Un pesadelo no meu armario (Kalandraka), un volume útil para espantar medos.
-Na web Galicia Encantada ofrecen unha amplísima listaxe de cocos e monstros cos que dar sustos na noite do Samaín. Así e todo, xa advirten que non teñen por que facer mal: "poñen medo, aínda que a maioría son inofensivos"
-Este é un conto moi popular en Portugal e no Brasil, con títulos diversos: A velha e os lobosO macaco e a cabaçaA cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo. OQO editouna como Corre corre, cabaciña e nel cóntase como unha velliña que vai á voda da súa neta atopa polo camiño un lobo, un oso e un león que a queren comer e, no canto de asustarse ou escapar, negocia con eles.



-Unha boa noite para poñer o medo no seu sitio é a do Samaín. Podémolo facer con Sinforoso, o can temeroso, a historia dun canciño que "choromica polo día" e "pola noite agocha o rabo polo medio das patiñas". Está incluído na colección d'Os libros da merenda, de Urco Editora.

-Nesta noite do Samaín mortos e vivos andan mesturados. Pero o resto do ano, a morte tamén está presente. N'A miña amiga invisible (Baía Edicións) Ana explica como superou a morte da súa avoa.


-Fiz é, nada máis e nada menos, que "o neno máis medorento do mundo". En libro e en vídeo (OQO Editora), Fina Casalderrey e Teresa Lima trasládannos a unha historia ben bonita na que se amosa 
que expresar os sentimentos non é, para nada, algo malo.
-No CEIP de Pazos, en Ferrol, propoñen pasar un anaco do Samaín cos pasatempos interactivos que deseñaron no centro. 

sábado, novembro 07, 2015

Festival do Samaín - 1º parte -

O venres a rapazada de Programas, no salón de actos, fixo uha teatralización de varias curtametraxes  e os de Formación Básica desfilamos as emocións do Monstro das cores (próxima entrada). Moi antentos ao blogue.


venres, novembro 06, 2015

videos de cursos pasados

curso 013-014

Curso 014-15

Presentacion fin de curso 012-13 from Manuel Siaba leston on Vimeo.

Curso 012-13

Obradoiro "COHESIÓN DE GRUPO"

O Departamento de Orientación  organizou un obradoiro que ten como obxectivo principal a cohesión grupal, a través de dinámicas que fomenten o aumento da autoestima, as relacións positivas entre os membros do grupo clase e o traballo en equipo. Todos os aspectos axudarán a mellorar a convivencia e o desenvolvemento persoal dentro do grupo.
Dito obradoiro ten lugar na aula de Sociedade en tres sesións de 50 minutos durante os mes de outubro.

mércores, novembro 04, 2015

" O OURIZO "



 ( Manuel María, Os soños na gaiola )


O OURIZO

Co seu ouro vello, mol
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o sol moi riseiro.

O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-¡ ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.

Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:

¡e xa fuxiu a castaña...!

FELICIDADES JAVIER !!!!

Hoxe Javier estivo de aniversario, tivemos unha gran festa, pasámolo xenial !!!



Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas-2015-

Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións.

Desta vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira,
 quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia."
O departamento de TIC  CEIP Alexandre Bóveda leva xa un tempo preparando este LIM sobre a científica Angeles Alvariño. Se pinchades neste enlace poderedes acceder ao LIM:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandreboveda/node/442e

Tamén podes completar a seguinte actividade para saber máis da súa vida.

Ángeles Alvariño González