martes, novembro 10, 2015

Festival do Samaín - 2º parte -

Como xa sabedes, o pasado venres celebramos o Samaín no cole. Esta festividade, que non significa máis que o fin do verán e o principio do inverno, antigamente era a noite máis perigosa do ano xa que as portas do mundo dos mortos abríanse e as ánimas viñan visitar este mundo. Por iso, decidimos disfrazarnos de monstros e ningún mellor que o noso monstro particular: "O monstro de cores".
Para iso, ao longo da semana cada clase elaborou os seus disfraces, cada grupo dunha emoción diferente (de amarelo a alegría, de azul a tristura, de vermello a rabia, de negro o medo, e de verde a calma) e desfilamos no salón de actos baixo a música de cinco cancións que nos evocaron as diferentes emocións. 
Aquí podedes ver unhas fotos dos diferentes grupos e pequenos fragmentos do desfile dos nosos nenos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario