luns, outubro 26, 2015

O NAVALÓN NA PEDESTRE

Unha  representación de runers do colexio participou na 38 edicción da carreira pedestre de Compostela.


CARREIRA PEDESTRE 2015 from Manuel Siaba leston on Vimeo.

OVO-SALTARINA

É posible que un ovo salte e rebote?  Si. COMO?

A cáscara do ovo está feita de carbonato de calcio e o vinagre é un ácido débil, o ácido acético. O carbonato de calcio, CaCOreacciona cos ácidos dando unha sal, auga e dióxido de carbono, CO2.
2CH3COOH +CaCO3    → Ca(CH3COO)2 + H2O + CO2
Ácido acético (vinagre)  + carbonato de calcio  →  acetato de calcio + auga + dióxido de carbono
Como consecuencia de esta reacción a cáscara do ovo vaise desfacendo. No proceso observamos a formación de burbullas de CO2. Deste xeito, o cabo do tempo o ovo queda recuberto únicamente pola súa membrana. Esta membrana é moi especial, trátase dunha membrana semipermeable, que quere dicir que deixa pasar únicamente determinadas sustancias a través dos seus poros.
É un experimento moi divertido a rapazada disfruta da acción de varios fenómenos físicos e químicos: difusión, ósmosis, desnaturalización de proteínas e reaccións químicas.


ovo-saltarina from Manuel Siaba leston on Vimeo.

Mural: O MAGOSTO

Fixemos un mural do magosto onde queda resumido o que fomos traballando sobre o tema: a festa, elementos importantes, poemas, refraneiro, cancións...
Nos soiños repartimos o traballo e elaboramos este mural!!!

MURAL O MAGOSTO from Manuel Siaba leston on Vimeo.

A LÚA ( Manuel María)


A Lúa

A señora Lúa
inda está solteira.
¡ A señora Lúa,
a Lúa lueira!

A Lúa lueira,
a señora Lúa:
¡ ten gana de troula
e quere ir de rúa !

¡E quere ir de rúa,
de troula ir quería,
que sente morriña
e melancolía !

A señora Lúa,
a Lúa rueira,
como anda de noite,
sempre está tristeira.

Sempre con tristura
e melancolía
que anda pola noite
e dorme de día.

Que a señora Lúa
co sol querecasar.
¿ E ándao buscando
sen podelo achar!

A señora Lúa,
a Lúa tristeira;
¡ Se non dá co Sol

quedará solteira !

domingo, outubro 25, 2015

O MONSTRO DE CORES IV

Xa que esta semana, con motivo da incipiente celebración do Samain, non puidemos traballar a emoción que nos tocaba do conto, ensinámosvos o traballo realizado a semana pasada acerca a tristura. Para iso, xuntámonos os grupos do 1 ao 5 como cada semana na biblioteca do centro para elaborar uns bonitos colares e un mural para o corredor da planta baixa.
Podedes ver o seguinte vídeo coas fotografías do proceso e, xa que aínda volo debíamos, mostrámosvos o resultado final dos murais que fomos elaborando as semanas anteriores. 






venres, outubro 23, 2015

O Puzzle da letra T

Este puzzle consta de 4 pezas poligonales (un triángulo, 2 trapecios e un pentágono irregular) coas que hai que construir una t maiúscula. Atrévete? é un reto divertidísimo, pero  aseguroche que un puzzle tradicional de 500 pezas é moito máis doado. Mentras a rapazada xoga e decora as pezas é un bo momento para aprender e estudar algúns coceptos de xeometría.

puzzle T from Manuel Siaba leston on Vimeo.

xoves, outubro 22, 2015

SEMENTAR, SEMENTAREI...

O venres pasado os grupos 1 e 2 fomos ao invernadoiro a plantar uns bulbos de narcisos coa axuda do profe Fran, de cultivos, e algúns dos seus traballadores alumnos. Botamos pedriñas ao fondo xa que nos ensinou que se non poden enchouparse as raíces. Botamos a terra, os bulbos, máis terra e finalmente regamos. Fran díxonos que co comezo da primaveira sairán as flores. Agardamos con moitas ganas ese momento e, mentras tanto, gozamos de poder coidar o noso pequeno xardín da aula semana a semana.
Como poderedes ver, pasámolo "pipa" e aprendimos un montón e, ademais, puidemos comprobar que algún deles xa era todo un experto na arte da botánica.


A estrala sen nome


Manuel María "os soños na gaiola" from chussiaba

O seguinte puzzle está relacionada co poema, intenta resolvelo.

 
preview35 pieceA estrela sen nome

mércores, outubro 21, 2015

Multiplicar coas regletas de Napier

Este inxenioso invento llo debemos a John Napier, teólogo, matemático e inventor escocés do século XVI-XVII, que pasou á historia por ser o descubridor dos logaritmos.

As regletas de Napier son unha ferramienta de cálculo que sorprende pola súa sencillez. Simplemente son as táboas de multiplicar escritas sobre uns depresores, pero con elas as multiplicacións, divisións e incluso as raíces cadradas e cúbicas redúcense a sinxelas sumas e restas.   Napier publicou o seu invento no 1617 e rápidamente expandeuse por toda Europa. Grazas a elas, comerciantes, contables e recaudadores de impuestos podían facer os seus cálculos máis a presa e sen necesidade de saber moita aritmética, sumar e restar era suficiente. Para facerte unha idea da importancia deste invento considera que o descoñecemento das operacións básicas era algo habitual naquela época.
 
Vamos multiplicar 537×6 :
  • Coloca a regleta guía á esquerda e a continuación as regletas 5, 3 e 7.
  • Fíxate na fila do 6.
  • Suma os números de cada diagonal empezando pola dereita. É dicir,  2,  8+4=12 ( quédome coas unidades e levo 1), 0+1 +1=2,  3.O resultado sería 3222.
     Para multiplicar 537×6 só hai que sumar as diagonales da fila 6 empezando pola dereita. No teesquezas das levadas.
    Obténse o resultado rápido e fácilmente: 3222 

    Si queres multiplicar por varias cifras, por exemplo 456×84 faino en dous pasos, multiplica por 4, logo por 8 e suma os resultados  (desprazando o resultado de multiplicar por 8 un lugar á esquerda claro).

    Para multiplicar números con cifras repetidas precisarás de máis regletas.
     

martes, outubro 20, 2015

OBRADOIRO EDUCATIVO DE EXPRESIÓN CORPORAL, MUSICAL E VISUAL

O luns 19 de outubro   visitounos Manel de "Alegría, sonrisas y abrazos" para realizar un

ORADOIRO EDUCATIVO DE EXPRESIÓN CORPORAL, MUSICAL E VISUAL

Grazas a Móvete (ANPA) do Centro por colaborar na actividade.


alegría, sorrisos e abrazos from Manuel Siaba leston on Vimeo.

sábado, outubro 17, 2015

BANDA DESEÑADA I

 A proposta didáctica que estivemos traballando esta semana na área de lingua foi  A Banda Deseñada (Cómic). Con esta tarefa o que buscamos é:
- Coñecer os elementos característicos da Banda Deseñada (BD) bocadillo, viñetas,...
- Distinguir as diferenzas básicas entre a BD e outos tipos de textos.
- Potenciar o interese e disfrute por a BD, e en xeral, pola literatura.
- Coñecer a evolución da BD.
- Desarrollar a creatividade literaria e a imaxinación coa producción de cómics propios.
- Mellorar a lecto-escrita, ortografía básica, arbitraria,..
- etc.
A continuación podedes ver unha pequena tira  feita por Moisés e JM Formoso do G4.


venres, outubro 16, 2015

O OUTONO

Dende o 23 de setembro, o grupo 1 estivemos a traballar o outono e, como somos moi larpeiros, non puidemos obviar os alimentos característicos desta estación. Por iso, hai dúas semanas fomos recoller castañas, noces e mazás cos compañeiros a unha finca dentro do recinto do cole. E como todo esforzo ten a súa recompensa, hai pouco fixemos unha degustación dalgúns dos froitos do outono e descubrimos que a Carlota e Yago encántanlles as uvas, a Hugo as noces e a Uxía as castañas asadas. Mmm... non deixamos nin as migallas! E ademais aproveitamos para traballar hábitos tan importantes como poñer e recoller a mesa ou a hixiene persoal.


xoves, outubro 15, 2015

ACTIVIDADES DE LINGUA GALEGA - REPASO -

8 nomes de árbores 12 NOMES DE PEIXES 12 aves

MÓBILES DECORATIVOS

Xornada fantástica coa rapazada facendo móbiles decorativos para a aula. Son moi doados de facer só precisamos: paus, follas secas, fío, tesoiras e pistola de silicona. As fotos foron feitas por Laura do G5.
Disfrutade do resultado


mércores, outubro 14, 2015

O SOL

Como cada semana, estamos a traballar unha obra do poemario de Manuel María Os soños na gaiola. Esta semana limos "O SOL", esperamos que vos guste tanto coma a nós.

martes, outubro 13, 2015

3,2,1...0 !!!!....PROXECTO ANDY WARHOL

O xoves apareceron na clase un montón de libros desta personaxe misteriosa, só sabemos que chámase ANDY WARHOL.
Será un astronauta? será un escritor de contos ? será un electricista ?
Imos a investigar, a ver si descubrimos quen é.....








3,2, 1, 0...COMEZAMOS !!!!!

venres, outubro 09, 2015

O MONSTRO DE CORES I (ACTUALIZADO)


Este álbum ilustrado da Editorial Flamboyant ponnos na pel dun monstro que ten un barullo de emocións. Ao longo do texto unha amiga axúdalle a aclararse identificando cada emoción cunha cor. Cada semana traballaremos unha emoción. A continuación podedes ver unha película co traballo que fixeron os nen@s.

xoves, outubro 08, 2015

ESTADO DA MATERIA I

Hoxe a rapazada do G5, con Neli á cabeza, fixeron un experimento para observar como a materia cambia de estado (ESTAR) Sólido (DURO) a Líquido (BRANDO). Empregaron ceras de refugallo. Miren o vídeo.

Uxía Lambona e Banda Molona

Hoxe no Centro recibimos un estupendo agasallo en formato Cd da  banda de música infantil: " Uxía Lambona e Banda Molona". Este disco recolle os clásicos populares galegos aportando a súa particular visión, desde A Carolina "rapeada" ata O Jato "rockeiro"...
GRAZAS!!


mércores, outubro 07, 2015

O MONSTRO DE CORES III

Como xa sabedes, dende este mes estamos a traballar co conto de Anna Llenas Serra. Cada semana centrámonos nunha das cinco emocións que se recollen no mesmo: ledicia (amarelo), tristura (azul), rabia (vermello), medo (negro) e calma (verde). Esta semana comezamos coa primeira e, para iso, organizamos unha sesión de traballo conxunta na biblioteca na que lembramos a historia e representamos diferentes accións que provocan ledicia nos nosos alumnos. Ao final, coloreamos de amarelo diferentes materiais para facer o mural que formará parte do corredor do colexio e que vos ensinaremos cando estea rematado.


martes, outubro 06, 2015

POEMA 2 "A MUIÑEIRA"

“A muiñeira”, Manuel María atopa o vínculo entre o pasado e o futuro do que nos estivo a falar nos anteriores poemas ("Galicia"," O Tractor", "Xogos": se o que nos espera é como o noso baile máis característico, a saber: forte, seguro de si, ledo..., seguro que é moi bo.
Resumindo: non podemos ter un porvir exitoso se non agarimamos, e non aprendemos, do que nos antecede.


                              
       
                        Video feito polas alumnas de 5ºB de primaria do CEIP Graxal, Mar e Marta.

 Completa ti o poema A muiñeira de Manuel María rematando a terceira estrofa e inventa unha cuarta: A muiñeira Vella muiñeira, alma de Galicia: nácesnos no sangue con forza e ledicia. Leda muiñeira, amor e canción, rosa que se abre na nosa paixón! Forte muiñeira… Manuel María (adaptación).

domingo, outubro 04, 2015

O MONSTRO DE CORES II

O pasado venres xuntamos aos rapaces e rapazas para, a través do proxector, ensinarlles as fotografías que lles fixemos na biblioteca mentres facían as actividades relacionadas co conto que estamos a traballar. Gustoulles moito poder reparar neles mesmos e gozaron moito do traballo realizado.  


xoves, outubro 01, 2015

SEMENTEIRA

Os rapaces do grupo 3, saímos o outro día ó invenadoiro, para prantar nuns testos bulbos de  tulipáns de moitas cores e de crocos amarelos


.
Xa tiñamos na clase dous xacintos que nos trouxo Tania, pero éstes están en tarros de vidro.
Pedímoslle axuda a Fran, o profe de cultivos, que nos prestou as palas ,e nos explicou como tiñamos que facer.
Agora só temos que lembrarnos de regar, levar os testos para á entrada os venres para que lles de a claridade e esperar.....
Teremos paciencia???