martes, setembro 29, 2015

OS SOÑOS NA GAIOLA. Manuel María

Co gallo das letras galegas 2016 dende o CEE Manuel López Navalón vamos facer unha serie de actividades en torno a figura de Manuel María para o cal escollemos “Os soños na gaiola”. O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Este libro é un clásico da nosa literatura infantil. O autor, nunhas palabras iniciais, di que "son versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan preciosos son. Eu quixera encher, en parte, este oco".



Seguimos "Soñando na gaiola" de Manuel María: O MEU BARCO, por Suso Vaamonde. Escoita.............. que ledicia!!!



Comezamos: 1º poema



MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016


A Real Academia Galega designou a Manuel María como o escritor a homenaxear nas Letra Galegas do próximo ano.
Escritor prolífico e comprometido co seu país e a súa fala, deixounos preciosas composicións que dignifican a vida labrega dende a Terra Chá, coma O carro

luns, setembro 28, 2015

O MONSTRO DE CORES


Este álbum ilustrado da Editorial Flamboyant ponnos na pel dun monstro que ten un barullo de emocións. Ao longo do texto unha amiga axúdalle a aclararse identificando cada emoción cunha cor. Dende esta semana vamos empezar a traballar o mundo das  emocións.


sábado, setembro 26, 2015

COMEZA O OUTONO

Dende o Centro tentaremos proporcionar á rapazada os coñecementos necesarios para comprender como son e por que se producen estos cambios. Podedes ver a rapazada lendo uns poemas do outono no seguinte enlace:

http://prezi.com/iwi9n3atxc83/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share

luns, setembro 21, 2015

Quentando motores...

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso escolar 2015/16 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares 
En efecto, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios, un lugar que chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
                                                     *Autor: FRAN BUENO (ilustrador e autor de comics)

O Equipo de Biblioteca estamos a preparar todo... seguiremos informándovos.

mércores, setembro 09, 2015

Preparando o comezo do curso



Benvindos ao curso 2015/2016

Dende Dedaleira querémovos dar a benvida a todo o alumnado, profesoras,coidadoras, persoal de servizos, familias e a todo aquel que nos queira ler.

O obxectivo do blog é crear un espazo de encontro e intercambio de experiencias.