luns, maio 23, 2016

Os vermes de seda

Neste terceiro trimestre, a mestra Almudena tróuxonos ovos de vermes de seda e decidimos criar cada clase cadanseus vermes, o que dou lugar a que na nosa aula comezásemos a traballar nun pequeno proxecto: Unha eiruga moi larpeira.


Este é o título do libro de Eric Carle que estamos a empregar para desenvolver o noso proxecto. Este recurso ofrécenos moitísimas posibilidades didácticas, non so para descubrir o proceso de cria de vermes de seda senón para reforzar a aprendizaxe dos días da semana, os números, os alimentos, a pirámide nutricional, etc.

Se premedes AQUI escoitaredes o conto narrado polo alumnado dun centro da nosa comunidade.

Ademais, a continuación podedes ver os vídeos que grabamos esta última semana nos cales vense (de xeito acelerado) aos nosos vermes rillando na moreira, a única planta da que se alimenta. Tamén é moi curioso o último vídeo do proceso de muda da pel que realizan para poder crecer cada vez máis ata fabricar a súa propia crisálida e así poder converterse nunha bolboreta.






Xa vos iremos ensinando máis fotos do proceso!

xoves, maio 19, 2016

Despedida de Carlota

Hoxe tivemos que dicir "ata pronto" a unha das nosas alumnas, Carlota. Espéralle unha nova etapa e aínda que non volverá a compartir espazo físico con nós, sempre ocupará un espazo nos nosos corazóns. Por iso, para dar un alegre final a esta xornada de despedidas, quixemos facer unha gran festa con todos os seus compañeiros de Educación Básica.


Aquí, podedes ver tamén o vídeo que elaboramos con imaxes de diferentes actividades ou celebracións que realizamos ao longo deste curso.


   

 Moita sorte, Carlotiña!

venres, maio 13, 2016

MARCAPAXINAS LETRAS GALEGAS 2016



Con motivo da conmemoración deste día adicado á persoa de
Manuel María , o EDLG do
CEE Manuel López Navalón adaptou e
pictogramou o poemario
“Canta o cuco”
para
faceren máis accesible ao alumnado este tipo
de literatura.
A través deste código QR podedes acceder ao
documento dixitalizado para consultalo. Só
precisades un teléfono móbil e descargar
unha aplicación gratuíta
para escanear o
código (por exemplo, QR Code Reader, QR
Droid Code Scanner ou outras semellantes).
 
ESPERAMOS QUE GOCEDES DA LECTURA!

xoves, maio 12, 2016

O CONTO VIAXEIRO

Hoxe tivevemos a sesión correspondente ao conto viaxeiro. Grazas a Tono e Siro polo seu bo facer.










Que é?

O Conto viaxeiro é unha iniciativa das Concellarías de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Santiago para contribuír a dinamizar o uso da lingua galega nas primeiras idades, ofrecendo aos centros de ensino e centros socioculturais do  concello un recurso didáctico e lúdico: a construción dun conto colectivo.
Esta actividade componse de varias sesións, en cada unha das cales, a través de diferentes dinámicas de creación artística e literaria, vanse introducindo os elementos constituíntes do conto: lugares, personaxes, situacións, conflitos… favorecendo o coñecemento e a reflexión sobre o contorno lingüístico e cultural.

 Neste blog (http://contoviaxeiro.santiagodecompostela.org/blog/, ademais de ir dando conta da progresión do conto e do traballo dos nenos e nenas, tamén se incorporarán propostas de utilización didáctica para as idades de referencia (primeiro e segundo ciclo de educación primaria) ás que poderá acceder libremente o profesorado e as familias.


Folla de ruta 2016

1ª sesión: 25 de abril, ás 10h. 4º de Primaria do CEIP López Ferreiro
2ª Sesión: 26 de abril, ás 10h. 3º de Primaria do CEIP López Ferreiro
3ª Sesión: 26 de abril, ás 16h. 4º de Primaria do Colexio Nosa Señora dos Remedios
4ª Sesión: 27 de abril, ás 12h. 4º de Primaria do CPR Divino Mestre
5ª Sesión: 2 de maio, ás 10h. 2º de Primaria do CEIP Pío XII
6ª Sesión: 2 de maio, ás 15h. 2º de Primaria do Colexio A Milagrosa
7ª Sesión: 6 de maio, ás 9.30h. 3º e 4º de Primaria do Colexio San Jorge
8ª Sesión: 6 de maio, ás 11.30h. 1º e 2º de Primaria do Colexio San Jorge
9ª Sesión: 10 de maio, ás 10h. 1º de Primaria do CEIP Vite 1
10ª Sesión: 11 de maio, ás 12h. 2º de Primaria do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei
11ª Sesión: 12 de maio, ás 10h. Últimos ciclos do CEE Manuel López Navalón
12ª Sesión: 12 de maio, ás 12h. Primeiros ciclos do CEE Manuel López Navalón
13ª Sesión: 16 de maio, ás 10h. 4º de Primaria do CEIP de Roxos

mércores, maio 11, 2016

MÚSICA: O BIGOTE DE MIMÍ (Manuel María)


Aquí vos deixamos algunhas das cancións ( Luis Valecillo )que forman parte deste concerto,  sobre o libro de Manuel María"O bigote de Mimí" , para que vaiades abrindo os oídos. Se queres escoitar a canción só tes que clickar na súa imaxe:
 

Sobre Manuel María

martes, maio 10, 2016

Letras galegas 2016

O venres imos facer un maratón de  lectura de poemas de Manuel María, que como xa sabedes é o autor homenaxeado este ano, imos participar toda a comunidade educativa, nenos, conserxes, coidadores, cociñeiros....e gustaríanos que tamén algún pai ou nai participase, vai ser ás 12 no salón de actos.
Agradecemos por adiantado a todos a vosa colaboración.




Parabéns Xián!!!!

Onte estivo de aniversario o noso Xián, cumpriu catorce anos, xa é un mozo.
Trouxo unha tarta de chuches que estaba boísima, cantamos, comimos, bailamos.....en fin pasamos unha xornada estupenda.






xoves, maio 05, 2016

Visita á Policía Local de Santiago

Grazas á Policía pola visita guiada e o bo facer, sobre todo a Carlos e Diana. E ao  Concello pola  iniciativa.

martes, maio 03, 2016

Feliz Día da Nai

En primeiro lugar, pedir disculpas por non colgar antes o video pero foime imposible.
Que pasen un bonito día, Señoras!!!