mércores, xuño 22, 2016

FIN DE CURSO 2015-2016

Para todos aqueles que non puidéchedes asistir ao festival de fin de curso, así como para todos os que queirades volver a rememoralo, deixámosvos un vídeo que foi proxectado hoxe no salón de actos con diferentes momentos vividos polo alumnado de Educacíón Básica Obligatoria.



luns, xuño 20, 2016

PARTIDAZO



Partidazo entre alumnado e mestres/as . O resultado o de menos. Xornada moi animosa. O curso xa vai rematando😎

mércores, xuño 15, 2016

curso escolar 2016-2017

O curso escolar 2016-2017 comezará o 12 de setembro en Infantil e Primaria e o 15, en ESO, Bacharelato e FP. Consulta aquí o calendario escolar, publicado este mércores no DOG

TAMARA. Curtametraxe sobre unha nena xorda que quere ser xorda.

Tamara é  unha  curta de animación, creado por House Boat Animation Studio, que mostra  a historia dunha nena e o seu  soño por bailar, a pesar das circunstancias.
Deste vídeo podemos quitar moito á rapazada: expresión oral e escrita, se o alumno e capaz de chegar á moralexa da historia, que linguaxes empregan, os xestos das caras comunican, etc 
Fíxemolo na 1º hora e resultou moi positivo o traballo.

martes, xuño 14, 2016

Valorar e coidar as mestras do Centro

Manuel María códigos QR Pinchade e accede á seguinte  noticia, a que vos soa¿ pois sí unha mestra do centro fixo un traballo similar pero sen tanta repercusión e recoñecemento, ao igual que as múltiples  actividades en torno á figura de M. María se fixeron dende  dinamización da lingua galega: calendario escolar, videopoemas, os soños na gaiola, etc . Sen esquecer o traballo das mestras noutros ámbitos curriculares ademáis do facer cotiá nas aulas.  Así que gabemos o bo traballo feito polas mestras do Navalón.

Día nacional da LSE


Anticipar as vacacións

Como xa saberedes, o martes 21 de xuño, se finalmente o tempo nos dá unha tregua, imos ir de excursión de fin de curso á zona do Ézaro. Estes días o noso alumnado está nervioso pola inminente actividade, coincidindo ademáis co fin de curso e as vacacións. Por iso, para anticipar ámbalas dúas cousas, elaboramos este calendario con pictogramas para o alumnado con máis dificultades que podedes imprimir na casa e colocar no frigorífico ou  nalgún outro sitio ao alcance dos rapaces. Cada día, podedes riscar cunha cruz os día que van pasando e contar os que faltan para as vacacións.

Esperamos que vos sexa útil!


Para descargalo con maior calidade, podedes pinchar aqui.

xoves, xuño 09, 2016

G4 paseo+fotos+cafetaría

No día de onte saimos dar un paseo polas rúas de Compostela quitando unhas fotos para o concurso de fotografía . Despois paramos nunha cafetaría facer unha práctica de autonomía persoal e habilidades sociais.





mércores, xuño 08, 2016

Os vermes de seda II

Os nosos vermes de seda, como di o propio título do conto co que estamos a traballar, son moi lambóns. Durante estas semanas non pararon de rillar e rillar nas follas de moreira ata facerse moi longos e gordechos. Aquí podedes ver a evolución dos mesmos antes e despois da última muda que lles permitiu crecer ata chegar a ser como son agora. 


Dende a fin de semana pasada, os nosos 38 vermes de seda foron construido pouco a pouco as súas crisálidas. De feito, a día de hoxe só quedan dous sen facela. O alumnado gozou moito da experiencia mentres aprenderon un montón de cousas. 


Deixámosvos un vídeo que grabamos a cámara rápida no que se ve un verme en pleno proceso de construcción. Esperamos ansiosos a que se complete a metamorfose e poder ver as bolboretas saír dos seus capullos.

martes, xuño 07, 2016

O CONTO VIAXEIRO (PARTE II)

Este é o resultado das dúas sesión do Conto Viaxeiro.Os debuxos elixidos desta volta foron os de Uxía, do Rodríguez Xixirei e o de José M. do mesmo CEE Manuel López Navalón.



O título é :

Combatendo a escuridade nas catacumbas da catedral

 

Lucente contoulles como no seu planeta a Doutora XXL acabara coas bibliotecas, coa arte e mesmo coa lingua. Agora era o Planeta da Escuridade. Non podían permitir que fixese o mesmo coa Terra!

Mentres estaban a falar viron a gran nave da malvada Doutora aterrar na Alameda. Correron cara alí para enfrontarse a ela. Cando chegaron, xa non estaba. Entón Lucente tivo unha idea:

- Co meu raio podo facer que estas estatuas revivan e igual elas viron por onde escapou esa malvada. As estatuas eran as Marías.

As Marías, agradecidas por lles devolveren a vida, dixéronlles que a malvada escapara cara á catedral. Xa na catedral, deron con ela nas catacumbas. 

Papelín atacouna co seu superpapel, pero a Doutora XXL protexíase cun cristal no que o papel rebotaba.

Entón Lucente lanzou un raio co que conseguiu romper o cristal da Doutora e Papelín e mais Supertoalliña lograron detela.

xoves, xuño 02, 2016

VERME DA SEDA

 A continuación podedes ver e descargar a unidade didáctica correspondente aos vermes da seda.

COMPRENSIÓN A PARTIR DE CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN

Esta semana traballamos a comprensión lectora a partir das seguintes curtametraxes de animación. Si estades interesados no seginte enlace podedes descargar o cadernillo en pdf. http://blogunmundoespecial.blogspot.com.es/2015/10/comprension-partir-de-cortos-de.html






mércores, xuño 01, 2016

ATA SEMPRE, LORENA!

Esta mañá tocounos despedirnos da mestra Lorena, a titora do grupo 5 durante estes últimos tres meses.
Fixémoslle unha pequena sorpresa a última hora da mañá e, pola súa cara, creemos que lle gustou moito.
Gracias por acompañarnos este tempo e por ensinarnos tanto. 

Que teñas moita sorte!