domingo, febreiro 28, 2016

Sesión de educación física.

O venres a rapazada do G4 fixo un circuito funcional no ximnasio e isto foi o resultado:




xoves, febreiro 25, 2016

Santi Romay

Após da visita do actor Santi Romay, e dentro da programación anual de  centro (teatro no CEE M. Lopez Navalón), compartimos no blogue a xornada.










mércores, febreiro 24, 2016

Vídeo-poemas de Rosalia de Castro

A 24 de fevereiro, no Dia de Rosalia de Castro, que nasceu no mesmo dia deste mês em 1837 no Caminho
Novo, um conhecido arrabalde de Santiago de Compostela, o CEE Manuel López Navalón ponhem a sua voz a diferentes poemas.

 

Salto de páxina O libro de artista no século XXI

No día de hoxe fomos ao Auditorio ver Salto de páxina O libro de artista no século XXI. A exposición recolle fondos da Colección ArtsLibris/ Banco Sabadell. ARTS LIBRIS, a feira da edición contemporánea que desde 2010 se celebra en Arts Santa Mónica en Barcelona, é punto de encontro de creadores e editores de libros de artista. 'Salto de páxina' reúne as obras galardoadas co premio ArtsLibris / Banco Sabadell, obras da colección Fundación Banco Sabadell e doutros prestadores.
Logo, da visita guiada fixemos un obradoiro e este foi o resultado:





martes, febreiro 23, 2016

DÍA DE ROSALÍA

Como xa se comentou noutras entradas anteriores, este mércores 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro en conmemoración ao nacemento desta escritora. Por iso, durante esta semana no centro estamos a realizar diferentes actividades centradas nesta autora. 
O alumnado do grupo 1 de Educación Básica está traballando nunha pequena unidade didáctica propia (a cal podedes descargar na seguinte ligazón: https://goo.gl/5sOQTX). Así mesmo, estamos a colaborar nun mural coas fotografías de Rosalía ao estilo de Andy Warhol, artista cuxa obra estamos a coñecer dende comezo de curso. 
Máis adiante ensinarémosvos o resultado.

Esperamos que vos guste!











luns, febreiro 22, 2016

Banda deseñada: Rosalía de Castro

Hoxe a rapazada do G4 fixo unha banda deseñada verbo da figura de Rosalía de Castro.

"POEMIÑA PARA NAMORAR UNHA ROSA"


"Poemiña para namorar unha rosa"
 ( Manuel María, "As rúas do vento ceibe")

A rosa rosiña
está na roseira
moi coloradiña,
feliz e riseira.

A rosa rosada
de tanto lucir
a mesma alborada
a pode ferir.

A rosa  rosiña
está no rosal;
ti queres ser miña,
rosiña lanzal?

A rosa rosada,
de tenro mencer,
é tan delicada
que pode morrer!

Prá rosa rosiña,
fachenda de Maio,
incluso é espiña
a flor dun salaio!

A rosa rosada
xa é miña amiga;
quedou namorada
con esta cantiga!

domingo, febreiro 21, 2016

"MONSTRO ROSA"

Como nos gustan tanto os monstros, e os nosos marcharon de viaxe,esta semana comezamos a traballar cos nenos e nenas un novo conto que nos está a gustar moito, titúlase " O Monstro Rosa".
Xa vos seguiremos informando das cousas que imos facer.


Os Monstros de Cores saen de viaxe

O venres, os Monstros de Cores do noso cole, marcharon percorrer mundo, a súa primeira parada vai ser o CRA de Bergondo, ( http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com.es/  )onde van coñecer mais nenos e acompañados pola súa profe de música  María, que tamén ten un blogue chuli (http://sondocra.blogspot.com.es/ ), van cantar moitas cancións...

BOA VIAXE MONSTROS


venres, febreiro 19, 2016

" Mírame cuando te hablo"

Mírame cuando te hablo preséntase como "a primeira serie para todos os públicos". E, ademais, de verdade, pois trátase da primeira produción de ficción realizada integramente en lingua de signos.
  A primeira tempada da webserie, realizada na Estrada, acadou un rotundo éxito de público (26 mil reproducións o primeiro capítulo, máis de 150 mil o conxunto de entregas) e un gran recoñecemento en festivais de todo o mundo. Este xoves 18 de febreiro ás 21 horas estrea a súa segunda tempada, que xa foi presentada hai uns días en Compostela nunha proxección pública no Auditorio Abanca. Cada xoves poderá verse un novo capítulo a través de youtube, ata completar os oito que compoñen as novas historias desta serie, unha sitcom de humor centrada nas vivencias cotiás duns compañeiros de piso.

Eu son Rosalía de Castro


Nota: Para ver a presentación primeiro pulsa o play pequeno do vídeo  e logo pulsa a frecha que aparece no medio da presentación para pasar ao seguinte fotograma. No centro non dispomos de banda ancha co cal é moi díficil ver un vídeo. Disculpade polos vídeos que están do revés pero a aplicación non me deixa modificalos Powered by emaze

xoves, febreiro 18, 2016

Purificadores de ar

Como ben sabemos a  madeira do eucalipto é de moi mala calidade e só é utilizada para papel e postes.
O froito non ten especial relevancia sirve para pouco pero achamos unha boa utilidade: facer uns purificadores de ar co seu froito (o froito é unha cápsula que se abre no ápice en 3 a 5 valvas, cubertas por un disco).
Para esta actividade a rapazada saiu coa mestra Carmela na recolleita de froitos, de seguido, os puxeron nunhas bolsas e os repartiron polas aulas e despachos do Centro.



martes, febreiro 16, 2016

"O CARRO" ( Manuel María, "Os soños na Gaiola")



 “O CARRO”

Teño un carriño cantor,
teño un carro cantareiro
¡con fungueiros afiados
e con eixo de amieiro!

O meu carro canta ben,
non pode cantar mellor.
¡Meu carriño cantareiro,
meu carriño cantador!

O meu carro canta, canta;
nunca cansa de cantar.
¡De día cántalle ao sol;
de noite, canta ao luar!

OUH, meu carriño cantor:
cantas agora e despois.
¡Con que fachenda te leva

a parelliña de bois...!

O CHOCOLATE INFINITO

Abres unha tableta de chocolate,  cortala  en cachos,  comes un, reorganizas os cachos que quedan no envoltorio e por arte de maxia a tableta volve a estar enteira, como si non comeras nada.  Sería o sono de todo amante do chocolate pero, por desgracia, o truco do chocolate infinito é só unha ilusión óptica. Descubramos o truco!

 24 pezas

 quitamos unha seguimos tendo 24
O caso do chocolate infinito é un paradoxo xeométrico basado no  truco dos “Los Azulejos de Jansenson” do mago arxentino Norberto Jansenson.
. Para desvelalo comparamos a tableta nova coa orixinal. Si poñemos unha sobre outra veremos que a área de ambas tabletas é diferente. Que magoa!

venres, febreiro 12, 2016

febreiro 5, 2016 ENTROIDO 2

As paisaxes da Galiza.

Comezamos cun tema novo de Medio: as paisaxes da Galiza.
Hoxe xa vimos un vídeo do proxecto Terra, que fixo unha introdución moi interesante, pero quero deixarvos unha ligazón a un ODE que atopei, e penso que vos axudará dun xeito moi ameno a coñecer un pouco mellor as diferentes paisaxes, e tamén vos ensinará a valorar os cambios producidos pola humanidade, así como os coidados que debedes ter se ides de excursión ó campo. Espero que vos guste!!

A Paisaxe

venres, febreiro 05, 2016

ENTROIDO 2016

Chegou o Entroido ao Colexio, os nenos e nenas de Formación básica disfrazámonos de Súper -Heroes...Batman, Superman, Flash, Os increíbles e Spiderman.
Os maiores foron das diferentes culturas urbanas que existen nas nosas rúas: Hipsters, Góticos, Raperos, Punkies, Hippies e penso que me esquezo dalgún....( esta memoria....!!! ), destes últimos neste momento non temos fotos, pero irémolas colgándoas nos vindeiros días.













PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!


martes, febreiro 02, 2016

O Casamento dos Paxariños: o Día da Marmota galego ou o Día de San Valentín?

 Na xornada de hoxe a rapazada coñeceu esta tradición galega:
Estamos ante unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno  e que prepara a inminente chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza. Coa cristianización, que absorbeu canta celebración puido, convertiuse na Candeloria e traduciuse no costume de acender candeas. Coincide tamén coa celebración celta do Imbolc, tamén vencellada ao lume, que en Irlanda foi cristianizado como o Día de Santa Bríxida.
Este día sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer primavera. “É unha data dedicada ao amor e á fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica”, segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.
Desde algúns blogs mesmo se defende que o día 2 debería ser a data do amor romántico na nosa cultura. O noso refraneiro popular tamén lembra que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. E o antropólogo Anxo Rosales ten documentado un exemplo máis dramático desta tradición en Santa Mariña de Covelo (Pontevedra), onde aínda se di que “o paxariño que non consiga compañeiro neste día, suicídase”.
Do mesmo xeito, Rosales lembra que Murguía, ademais doutros estudosos, ten rexistrado o costume de ceibar pombas por parte dos nenos o día da Candeloria na misa que se dedicaba á virxe en Compostela.
Como previsión meteorolóxica
A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. É o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a chegada inminente da nova estación (ou non). Noutras culturas, como a francesa, é un oso que sae do seu tobo, sinala Rosales.
En Sorbia, unha festa viva
Os sorbios, unha minoría cultural e lingüística en Alemaña, celebran o 'Vogelhochzeit' (Casamento dos paxariños) o 26 de xaneiro. Ese día os nenos póñenlle pratos con comida e lambonadas típicas para os paxaros e nas escolas celébrano con cantos e outras actividades.
Mentres, en Galiza é unha tradición que aínda segue viva na memoria sobre todo do rural, pero que se non se actualiza corre o perigo de desaparecer ao igual que outras moitos costumes e lendas.
Fonte: http://www.sermosgaliza.gal