mércores, outubro 07, 2015

O MONSTRO DE CORES III

Como xa sabedes, dende este mes estamos a traballar co conto de Anna Llenas Serra. Cada semana centrámonos nunha das cinco emocións que se recollen no mesmo: ledicia (amarelo), tristura (azul), rabia (vermello), medo (negro) e calma (verde). Esta semana comezamos coa primeira e, para iso, organizamos unha sesión de traballo conxunta na biblioteca na que lembramos a historia e representamos diferentes accións que provocan ledicia nos nosos alumnos. Ao final, coloreamos de amarelo diferentes materiais para facer o mural que formará parte do corredor do colexio e que vos ensinaremos cando estea rematado.


Ningún comentario:

Publicar un comentario