sábado, decembro 19, 2015

VACACIÓNS !!!!



Todos os alumnos e profesores do colexio, desexámoslles  unhas Felices Festas!!!!
Agora nos tocan uns días que o único que temos que facer é......DESCANSAR !!!!

mércores, decembro 16, 2015

Xornada de Cine

Na xornada de hoxe fomos o Cine o grupo de Formación Básica xunto coas de Costura viu "El viaje de Arlo" e os de Programas "Ocho apellidos catalanes".





Até outra Marta

Queremos agradecer a Marta o bo traballo que fixo coa rapazada. Boa sorte!!!


martes, decembro 15, 2015

Galletas de Nadal

O Nadal está a volta da esquina e hoxe, para despedir aos nenos do G1 e G2 que non voltan conosco ata a volta de vacacións, decidimos facer un obradoiro de galletas navideñas na aula-taller do FP básico de Restauración. Mmm.. quedaron moi boas! E como nos saíron máis da conta, as merendaremos tamén mañá co resto de alumnos que acostuman vir na segunda metade da semana.

Aquí tedes unha montaxe coas fotos do proceso. Como podedes ver, os rapaces agardaban espectantes mentres estaban as galletas no forno.  


Xogos tradicionais

Hoxe, aproveitando unha tregua que nos deu a choiva, saímos un anaco ao patio do cole e xogamos a algúns xogos tradicionais (corda, bolos, aros, roda-roda...) gozando así dunha xornada na que traballamos a motricidade e coordinación motriz e fomentamos a socialización e interacción dos nenos dos diferentes grupos. Ademais, lembramos que para divertirnos non é imprescindible a tecnoloxía, a cal cada vez ocupa máis e máis tempo nas nosas vidas. 
 Deixámosvos unas fotos para que vexades o ben que o pasamos.

luns, decembro 14, 2015

TOLERANCIA

No día de hoxe traballamos a TOLERANCIA apoiádonos nos seguintes vídeos.



xoves, decembro 03, 2015

Día Internacional das persoas con Di-Capacidade .

Este xoves, como cada 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das persoas con Di-Capacidade.  Non debemos pór o acento no que non se pode facer senón nas  súas capacidades, por iso DI-CAPACIDADE.
Deixo unha  recopilación(hai moitos máis) de  contos,música, curtametraxes  para explicar á rapazada, a Diversidade Funcional que podemos atoparnos na sociedade na que vivimos.

- Por cuatro esquinitas de nada.

- El cazo de Lorenzo.(o libro está dispoñible en galego)
 

Cuerdas (actualmente non é posible velo enteiro no youtube, hai que mercalo)
 



- Orejas de mariposa.


 Mi hermanito de la Luna


EL DESVÁN DEL DUENDE & LANGUI - DI QUE SÍ (SI SE QUIERE SE PUEDE)