mércores, novembro 04, 2015

" O OURIZO "



 ( Manuel María, Os soños na gaiola )


O OURIZO

Co seu ouro vello, mol
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón
toma o sol moi riseiro.

O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-¡ ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.

Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:

¡e xa fuxiu a castaña...!

Ningún comentario:

Publicar un comentario