domingo, novembro 08, 2015

Ideas para celebrar o Samaín coa rapazada

-Dentro do seu disco Brinca vai! (Kalandraka) Paco Nogueiras cántalle ao Samaín e tamén lle pon imaxes

- Dentro da colección Pimpín por aquí non vin (Galaxia), atopamos un libriño que é tamén un xogo de preguntas e respostas sobre a "festa das cabazas".












A familia máis popular entre a rapazada galega tamén celebra o Samaín. Os personaxes de Pepe Carreiro protagonizan unha unidade didáctica coa historia da festa, xogos, receitas... Sen tempo para o aburrimento.                          


 -O Samaín pode ser un bo momento para atender o que conta Un pesadelo no meu armario (Kalandraka), un volume útil para espantar medos.
-Na web Galicia Encantada ofrecen unha amplísima listaxe de cocos e monstros cos que dar sustos na noite do Samaín. Así e todo, xa advirten que non teñen por que facer mal: "poñen medo, aínda que a maioría son inofensivos"
-Este é un conto moi popular en Portugal e no Brasil, con títulos diversos: A velha e os lobosO macaco e a cabaçaA cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo. OQO editouna como Corre corre, cabaciña e nel cóntase como unha velliña que vai á voda da súa neta atopa polo camiño un lobo, un oso e un león que a queren comer e, no canto de asustarse ou escapar, negocia con eles.



-Unha boa noite para poñer o medo no seu sitio é a do Samaín. Podémolo facer con Sinforoso, o can temeroso, a historia dun canciño que "choromica polo día" e "pola noite agocha o rabo polo medio das patiñas". Está incluído na colección d'Os libros da merenda, de Urco Editora.

-Nesta noite do Samaín mortos e vivos andan mesturados. Pero o resto do ano, a morte tamén está presente. N'A miña amiga invisible (Baía Edicións) Ana explica como superou a morte da súa avoa.


-Fiz é, nada máis e nada menos, que "o neno máis medorento do mundo". En libro e en vídeo (OQO Editora), Fina Casalderrey e Teresa Lima trasládannos a unha historia ben bonita na que se amosa 
que expresar os sentimentos non é, para nada, algo malo.
-No CEIP de Pazos, en Ferrol, propoñen pasar un anaco do Samaín cos pasatempos interactivos que deseñaron no centro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario