domingo, novembro 15, 2015

" O MAR "

Xa temos poema para esta semana...titúlase " O mar"", e co bo tempo que temos estes días , resulta moi apetecible ir darse unha voltiña pola praia....




O MAR

Ti nunca viches o mar
cos seus berros bruadores,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.

-¿Tí nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?

-¿ E tí non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?

-¿Tí nunca viches o mar?
¿E sabes que non repousa?
-¿Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario