venres, xaneiro 15, 2016

HEROES ANIMADOS

O xoves 14 de xaneiro fixemos unha saída á  Sede Afundación de Santiago de Compostela. Por mór das inclemencias metereolóxicas tivemos que ir en taxi até a Rúa do Vilar onde nos esperaba a amiga Vanessa. Digo amiga porque xa non é a primeira vez, nin esperemos a última, que nos recibe, ademais é a encargada da visita guiada e do obradoiro de plástica. Moitas grazas Vanessa.

«Heroes Animados» (do 20 de novembro ao 24 de xaneiro) é unha exposición exclusiva para Afundación que pon á nosa disposición a orixinalidade, a innovación e a calidade do traballo realizado por un dos máis prestixiosos centros creativos do sector, Grangel Studio, empresa especializada na creación de personaxes para o cinema de animación que leva realizado durante os seus 25 anos de existencia importantes traballos a nivel internacional.

Esta exposición achéganos unha grande mostra de todo o proceso de creación dun personaxe a través de inesquecibles filmes coma O príncipe de ExiptoSpirit, o corcel indomableA ruta cara a El DoradoSimbad: a lenda dos sete maresO EspantatiburónsMadagascarKung-Fu PandaComo adestrar o teu dragónA Noiva Cadáver de Tim Burton, Piratas! e Hotel Transilvania.

Logo da visita tomamos unha pequena media mañá  na prata baixa da Sede Afundación. Ao remate da mesma e xa que o tempo acompañaba fomos andando para o cole, atravesando a Alameda, xogando no parque de Fonseca,...









Ningún comentario:

Publicar un comentario