domingo, xaneiro 10, 2016

CALENDARIO 2016



Este ano o calendario do cole, elaboróuno o EDLG ( o Equipo de dinamización da Lingua Galega), aproveitando a figura do escritor Manuel María, que xa todos coñecedes, que é a quen se lle adica o Día das letras Galegas deste ano.


Cada mes, unha das clases do colexio fixo un traballo relativo a algún dos seus poemas, que previamente traballaron na aula.
Para comenzar o mes de xaneiro ,foron os alumnos e alumnas do Taller de Cerámica , realizaron con barro uns Chifres, dirixidos pola profesora Susana, que por certo, algún deles ata soa ben...por suposto, para lembrarnos o poema do mesmo nome, incluído no libro "Os soños na Gaiola". Velaí a imaxe que leva este mes e o poema.





"O CHIFRE "

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan silbador e algareiro
que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre chifreiro,
que mo mercaron na feira.
O seu silbo silbador
resoa na aldea enteira...!

Eu dou ordes co meu chifre, 
ando a ordenar con silbatos:
-Que florezan as roseiras,
que chíen ben os paxaros...!

-Que maduren as cerdeiras,
as figueiras e os mazairos !
E que veñan ben cargados
de xoguetes os Reis Magos...!

-Teño un chifre de verdade!
teño un chifre verdadeiro!
Non quero chifres de palla
nin de casca de salgueiro...! 

Cada rapaz do cole levará un para casa, así que  todos o iredes vendo. Esperamos que vos guste, nel estamos todos ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario