martes, febreiro 16, 2016

"O CARRO" ( Manuel María, "Os soños na Gaiola")



 “O CARRO”

Teño un carriño cantor,
teño un carro cantareiro
¡con fungueiros afiados
e con eixo de amieiro!

O meu carro canta ben,
non pode cantar mellor.
¡Meu carriño cantareiro,
meu carriño cantador!

O meu carro canta, canta;
nunca cansa de cantar.
¡De día cántalle ao sol;
de noite, canta ao luar!

OUH, meu carriño cantor:
cantas agora e despois.
¡Con que fachenda te leva

a parelliña de bois...!

Ningún comentario:

Publicar un comentario