venres, febreiro 19, 2016

" Mírame cuando te hablo"

Mírame cuando te hablo preséntase como "a primeira serie para todos os públicos". E, ademais, de verdade, pois trátase da primeira produción de ficción realizada integramente en lingua de signos.
  A primeira tempada da webserie, realizada na Estrada, acadou un rotundo éxito de público (26 mil reproducións o primeiro capítulo, máis de 150 mil o conxunto de entregas) e un gran recoñecemento en festivais de todo o mundo. Este xoves 18 de febreiro ás 21 horas estrea a súa segunda tempada, que xa foi presentada hai uns días en Compostela nunha proxección pública no Auditorio Abanca. Cada xoves poderá verse un novo capítulo a través de youtube, ata completar os oito que compoñen as novas historias desta serie, unha sitcom de humor centrada nas vivencias cotiás duns compañeiros de piso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario