martes, xuño 07, 2016

O CONTO VIAXEIRO (PARTE II)

Este é o resultado das dúas sesión do Conto Viaxeiro.Os debuxos elixidos desta volta foron os de Uxía, do Rodríguez Xixirei e o de José M. do mesmo CEE Manuel López Navalón.



O título é :

Combatendo a escuridade nas catacumbas da catedral

 

Lucente contoulles como no seu planeta a Doutora XXL acabara coas bibliotecas, coa arte e mesmo coa lingua. Agora era o Planeta da Escuridade. Non podían permitir que fixese o mesmo coa Terra!

Mentres estaban a falar viron a gran nave da malvada Doutora aterrar na Alameda. Correron cara alí para enfrontarse a ela. Cando chegaron, xa non estaba. Entón Lucente tivo unha idea:

- Co meu raio podo facer que estas estatuas revivan e igual elas viron por onde escapou esa malvada. As estatuas eran as Marías.

As Marías, agradecidas por lles devolveren a vida, dixéronlles que a malvada escapara cara á catedral. Xa na catedral, deron con ela nas catacumbas. 

Papelín atacouna co seu superpapel, pero a Doutora XXL protexíase cun cristal no que o papel rebotaba.

Entón Lucente lanzou un raio co que conseguiu romper o cristal da Doutora e Papelín e mais Supertoalliña lograron detela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario