mércores, marzo 02, 2016

Cen mullleres ilustres galegas e moitas máis


A data do 8 de marzo foi instituída para reivindicar os dereitos das mulleres .Desde o punto de vista educativo, o 8 de marzo debe ser tamén unha data para reflexionarmos sobre a coeducación, sobre as estratexias para coeducar nas aulas, sobre os avances ou non na visibilización das mulleres, das nenas, na sociedade actual e o papel do ensino nese proceso.

Aquelas persoas interesadas podedes visitar a exposición  "Cen mulleres ilustres galegas e moitas  máis" que está no corredor da primeira pranta do Centro.

Tamén queremos compartir unha entrevista á profesora e escritora Teresa Moure. Esta entrevista, que poderá ser usada como material na aula ou como ferramenta para propiciar o debate no centro educativo, quere reflexionar e botar luz sobre a importancia da utilización dunha linguaxe non sexista, a constatación da existencia dun teito de cristal, a reprodución no ámbito escolar dos estereotipos patriarcais ou como a coeducación é unha ferramenta fundamental para o conxunto da sociedade. (Fonte: www.cig-ensino.gal)


Ningún comentario:

Publicar un comentario