“O CARRO”
Teño un carriño cantor,
teño un carro cantareiro
¡con fungueiros afiados
e con eixo de amieiro!
O meu carro canta ben,
non pode cantar mellor.
¡Meu carriño cantareiro,
meu carriño cantador!
O meu carro canta, canta;
nunca cansa de cantar.
¡De día cántalle ao sol;
de noite, canta ao luar!
OUH, meu carriño cantor:
cantas agora e despois.
¡Con que fachenda te leva
a parelliña de bois...!
Ningún comentario:
Publicar un comentario