Amosando publicacións coa etiqueta CENTRO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CENTRO b>. Amosar todas as publicacións
luns, xuño 20, 2016
PARTIDAZO
Partidazo entre alumnado e mestres/as . O resultado o de menos. Xornada moi animosa. O curso xa vai rematando😎
mércores, xuño 15, 2016
curso escolar 2016-2017
O curso escolar 2016-2017 comezará o 12 de setembro en Infantil e Primaria e o 15, en ESO, Bacharelato e FP. Consulta aquí o calendario escolar,
publicado este mércores no DOG
martes, xuño 14, 2016
Valorar e coidar as mestras do Centro
Manuel María códigos QR Pinchade e accede á seguinte noticia, a que vos soa¿ pois sí unha mestra do centro fixo un traballo similar pero sen tanta repercusión e recoñecemento, ao igual que as múltiples actividades en torno á figura de M. María se fixeron dende dinamización da lingua galega: calendario escolar, videopoemas, os soños na gaiola, etc . Sen esquecer o traballo das mestras noutros ámbitos curriculares ademáis do facer cotiá nas aulas. Así que gabemos o bo traballo feito polas mestras do Navalón.
Anticipar as vacacións
Como xa saberedes, o martes 21 de xuño, se finalmente o tempo nos dá unha tregua, imos ir de excursión de fin de curso á zona do Ézaro. Estes días o noso alumnado está nervioso pola inminente actividade, coincidindo ademáis co fin de curso e as vacacións. Por iso, para anticipar ámbalas dúas cousas, elaboramos este calendario con pictogramas para o alumnado con máis dificultades que podedes imprimir na casa e colocar no frigorífico ou nalgún outro sitio ao alcance dos rapaces. Cada día, podedes riscar cunha cruz os día que van pasando e contar os que faltan para as vacacións.
Esperamos que vos sexa útil!
Para descargalo con maior calidade, podedes pinchar aqui.
xoves, maio 05, 2016
Visita á Policía Local de Santiago
martes, maio 03, 2016
Feliz Día da Nai
En primeiro lugar, pedir disculpas por non colgar antes o video pero foime imposible.
Que pasen un bonito día, Señoras!!!
Que pasen un bonito día, Señoras!!!
luns, abril 11, 2016
Saída á AWASAN
Como xa aconteceu ao remate do primeiro trimestre, o pasado venres fixemos unha saída ao complexo de AWASAN. O alumnado acompañado do profesorado do centro e dos monitores do lugar, gozou dunha sesión na piscina na cal poideron nadar, mergullarse e mesmo xogar con diferentes accesorios.
Esperamos que vos gusten as fotografías!
luns, marzo 07, 2016
Jim e a illa do tesouro (Teatro)
Após da visita ao espectáculo de teatro "Jim e a illa do tesouro" na mañán de hoxe visitounos Rocío González a actriz para falarnos un pouco da obra representada. E con ela viñeron duhas personaxes Jim e Flint que interactuaron coa rapazada.
xoves, febreiro 25, 2016
Santi Romay
Após da visita do actor Santi Romay, e dentro da programación anual de centro (teatro no CEE M. Lopez Navalón), compartimos no blogue a xornada.
venres, febreiro 19, 2016
" Mírame cuando te hablo"
Mírame cuando te hablo preséntase
como "a primeira serie para todos os públicos". E, ademais, de verdade,
pois trátase da primeira produción de ficción realizada integramente en
lingua de signos.
A primeira tempada da webserie, realizada na Estrada, acadou un rotundo éxito de público (26 mil reproducións o primeiro capítulo, máis de 150 mil o conxunto de entregas) e un gran recoñecemento en festivais de todo o mundo. Este xoves 18 de febreiro ás 21 horas estrea a súa segunda tempada, que xa foi presentada hai uns días en Compostela nunha proxección pública no Auditorio Abanca. Cada xoves poderá verse un novo capítulo a través de youtube, ata completar os oito que compoñen as novas historias desta serie, unha sitcom de humor centrada nas vivencias cotiás duns compañeiros de piso.

xoves, febreiro 18, 2016
Purificadores de ar
Como ben sabemos a madeira do eucalipto é de moi mala calidade e só
é utilizada para papel e
postes.
O froito non ten especial relevancia sirve para
pouco pero achamos unha boa utilidade: facer uns purificadores de ar co seu froito (o froito é unha cápsula que se abre no
ápice en 3 a 5 valvas, cubertas por un disco).
Para esta actividade a rapazada saiu coa mestra Carmela na recolleita de froitos, de seguido, os puxeron nunhas bolsas e os repartiron polas aulas e despachos do Centro.
Para esta actividade a rapazada saiu coa mestra Carmela na recolleita de froitos, de seguido, os puxeron nunhas bolsas e os repartiron polas aulas e despachos do Centro.
xoves, febreiro 11, 2016
mércores, decembro 16, 2015
xoves, decembro 03, 2015
Día Internacional das persoas con Di-Capacidade .
Este xoves, como cada 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das persoas con Di-Capacidade.
Non debemos pór o acento no que non se pode facer senón nas súas capacidades, por iso DI-CAPACIDADE.
Deixo unha recopilación(hai moitos máis) de contos,música, curtametraxes para explicar á rapazada, a Diversidade Funcional que podemos atoparnos na sociedade na que vivimos.
Mi hermanito de la Luna
Deixo unha recopilación(hai moitos máis) de contos,música, curtametraxes para explicar á rapazada, a Diversidade Funcional que podemos atoparnos na sociedade na que vivimos.
- Por cuatro esquinitas de nada.
- El cazo de Lorenzo.(o libro está dispoñible en galego)
Cuerdas (actualmente non é posible velo enteiro no youtube, hai que mercalo)
- Orejas de mariposa.
EL DESVÁN DEL DUENDE & LANGUI - DI QUE SÍ (SI SE QUIERE SE PUEDE)
domingo, novembro 29, 2015
Finou Xosé Neira Vilas
Foise un grande da humildade, da galeguidade, da historia do século XX, a voz dos "ninguéns". Que a terra che sexa leve e que a memoria faga xustiza a quen tanto nos honrou en vida e obra. Até sempre!
Curta onde Semete fala co escritor sobre Memorias dun neno labrego, sobre a lingua, sobre o futuro e sobre a propia Semente.
Entrevista realizada para as xornadas de ensino da CIG e a AS-PG o 12 de setembro de 2011 por Marga do Val. Realización Xoán Carlos Garrido
Actividades Lim:memorias dun neno labrego
Entrevista realizada para as xornadas de ensino da CIG e a AS-PG o 12 de setembro de 2011 por Marga do Val. Realización Xoán Carlos Garrido
Actividades Lim:memorias dun neno labrego
xoves, novembro 26, 2015
Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela - Banda sonora de cine-
Na xornada escolar de onte (o alumnado de Programas) e hoxe (os de formáción básica) asistimos ao concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela que tivo lugar no Auditorio. O tema central do concerto foron as bandas sonoras de cine:
1. Curtametraxe O Xigante.
2. Curtametraxe Pídelo tú.
3. Jurassic Park.
4. Picapiedras.
5. Simpsoms.
Aproveitando que fomos andando puxemos en práctica as nocións de seguridade viaria que nos deu esta semana a Policía Local.
Na dúas primeiras imaxes podemos apreciar que a zona do colexio carece de beirarúa para camiñar o que conleva un perigo nas saídas que facemos.

Na dúas primeiras imaxes podemos apreciar que a zona do colexio carece de beirarúa para camiñar o que conleva un perigo nas saídas que facemos.
mércores, novembro 25, 2015
25N. Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O 25 de Novembro é o día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. No centro organizamos unha xornada para concenciar e educar á rapazada na loita contra as violencias machistas.
Collage feito por Formoso do G4.
Collage feito por Formoso do G4.
Hoxe saímos na prensa
Na Voz de Galicia (na edición en papel) na páxina local de Santiago saímos verbo da visita de onte da Policía Local de Santiago de Compostela.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)