Os nosos vermes de seda, como di o propio título do conto co que estamos a traballar, son moi lambóns. Durante estas semanas non pararon de rillar e rillar nas follas de moreira ata facerse moi longos e gordechos. Aquí podedes ver a evolución dos mesmos antes e despois da última muda que lles permitiu crecer ata chegar a ser como son agora.
Dende a fin de semana pasada, os nosos 38 vermes de seda foron construido pouco a pouco as súas crisálidas. De feito, a día de hoxe só quedan dous sen facela. O alumnado gozou moito da experiencia mentres aprenderon un montón de cousas.
Deixámosvos un vídeo que grabamos a cámara rápida no que se ve un verme en pleno proceso de construcción. Esperamos ansiosos a que se complete a metamorfose e poder ver as bolboretas saír dos seus capullos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario