Este é o resultado das dúas sesión do Conto Viaxeiro.Os debuxos elixidos desta volta foron os de
Uxía, do Rodríguez Xixirei e o de
José M. do mesmo CEE Manuel López Navalón.
O título é :
Combatendo a escuridade nas catacumbas da catedral
Lucente contoulles como no seu planeta a Doutora XXL acabara
coas bibliotecas, coa arte e mesmo coa lingua. Agora era o Planeta da
Escuridade. Non podían permitir que fixese o mesmo coa Terra!
Mentres estaban a falar viron a gran nave da malvada Doutora
aterrar na Alameda. Correron cara alí para enfrontarse a ela. Cando
chegaron, xa non estaba. Entón Lucente tivo unha idea:
- Co meu raio podo facer que estas estatuas revivan e igual elas viron por onde escapou esa malvada. As estatuas eran as Marías.
As Marías, agradecidas por lles devolveren a vida, dixéronlles
que a malvada escapara cara á catedral. Xa na catedral, deron con ela
nas catacumbas.
Papelín atacouna co seu superpapel, pero a Doutora XXL protexíase cun cristal no que o papel rebotaba.
Entón Lucente lanzou un raio co que conseguiu romper o cristal da Doutora e Papelín e mais Supertoalliña lograron detela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario