Para todos aqueles que non puidéchedes asistir ao festival de fin de curso, así como para todos os que queirades volver a rememoralo, deixámosvos un vídeo que foi proxectado hoxe no salón de actos con diferentes momentos vividos polo alumnado de Educacíón Básica Obligatoria.
mércores, xuño 22, 2016
luns, xuño 20, 2016
PARTIDAZO
Partidazo entre alumnado e mestres/as . O resultado o de menos. Xornada moi animosa. O curso xa vai rematando😎
mércores, xuño 15, 2016
curso escolar 2016-2017
O curso escolar 2016-2017 comezará o 12 de setembro en Infantil e Primaria e o 15, en ESO, Bacharelato e FP. Consulta aquí o calendario escolar, publicado este mércores no DOG
TAMARA. Curtametraxe sobre unha nena xorda que quere ser xorda.
Deste vídeo podemos quitar moito á rapazada: expresión oral e escrita, se o alumno e capaz de chegar á moralexa da historia, que linguaxes empregan, os xestos das caras comunican, etc
Fíxemolo na 1º hora e resultou moi positivo o traballo.
martes, xuño 14, 2016
Valorar e coidar as mestras do Centro
Manuel María códigos QR Pinchade e accede á seguinte noticia, a que vos soa¿ pois sí unha mestra do centro fixo un traballo similar pero sen tanta repercusión e recoñecemento, ao igual que as múltiples actividades en torno á figura de M. María se fixeron dende dinamización da lingua galega: calendario escolar, videopoemas, os soños na gaiola, etc . Sen esquecer o traballo das mestras noutros ámbitos curriculares ademáis do facer cotiá nas aulas. Así que gabemos o bo traballo feito polas mestras do Navalón.
Anticipar as vacacións
Como xa saberedes, o martes 21 de xuño, se finalmente o tempo nos dá unha tregua, imos ir de excursión de fin de curso á zona do Ézaro. Estes días o noso alumnado está nervioso pola inminente actividade, coincidindo ademáis co fin de curso e as vacacións. Por iso, para anticipar ámbalas dúas cousas, elaboramos este calendario con pictogramas para o alumnado con máis dificultades que podedes imprimir na casa e colocar no frigorífico ou nalgún outro sitio ao alcance dos rapaces. Cada día, podedes riscar cunha cruz os día que van pasando e contar os que faltan para as vacacións.
Esperamos que vos sexa útil!
Para descargalo con maior calidade, podedes pinchar aqui.
xoves, xuño 09, 2016
G4 paseo+fotos+cafetaría
No día de onte saimos dar un paseo polas rúas de Compostela quitando unhas fotos para o concurso de fotografía . Despois paramos nunha cafetaría facer unha práctica de autonomía persoal e habilidades sociais.
mércores, xuño 08, 2016
Os vermes de seda II
Os nosos vermes de seda, como di o propio título do conto co que estamos a traballar, son moi lambóns. Durante estas semanas non pararon de rillar e rillar nas follas de moreira ata facerse moi longos e gordechos. Aquí podedes ver a evolución dos mesmos antes e despois da última muda que lles permitiu crecer ata chegar a ser como son agora.
Dende a fin de semana pasada, os nosos 38 vermes de seda foron construido pouco a pouco as súas crisálidas. De feito, a día de hoxe só quedan dous sen facela. O alumnado gozou moito da experiencia mentres aprenderon un montón de cousas.
Deixámosvos un vídeo que grabamos a cámara rápida no que se ve un verme en pleno proceso de construcción. Esperamos ansiosos a que se complete a metamorfose e poder ver as bolboretas saír dos seus capullos.
martes, xuño 07, 2016
O CONTO VIAXEIRO (PARTE II)
Este é o resultado das dúas sesión do Conto Viaxeiro.Os debuxos elixidos desta volta foron os de Uxía, do Rodríguez Xixirei e o de José M. do mesmo CEE Manuel López Navalón.
O título é :
O título é :
Combatendo a escuridade nas catacumbas da catedral
Lucente contoulles como no seu planeta a Doutora XXL acabara coas bibliotecas, coa arte e mesmo coa lingua. Agora era o Planeta da Escuridade. Non podían permitir que fixese o mesmo coa Terra!
Mentres estaban a falar viron a gran nave da malvada Doutora aterrar na Alameda. Correron cara alí para enfrontarse a ela. Cando chegaron, xa non estaba. Entón Lucente tivo unha idea:
- Co meu raio podo facer que estas estatuas revivan e igual elas viron por onde escapou esa malvada. As estatuas eran as Marías.
As Marías, agradecidas por lles devolveren a vida, dixéronlles que a malvada escapara cara á catedral. Xa na catedral, deron con ela nas catacumbas.
Papelín atacouna co seu superpapel, pero a Doutora XXL protexíase cun cristal no que o papel rebotaba.
Entón Lucente lanzou un raio co que conseguiu romper o cristal da Doutora e Papelín e mais Supertoalliña lograron detela.
xoves, xuño 02, 2016
VERME DA SEDA
A continuación podedes ver e descargar a unidade didáctica correspondente aos vermes da seda.
COMPRENSIÓN A PARTIR DE CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN
Esta semana traballamos a comprensión lectora a partir das seguintes curtametraxes de animación. Si estades interesados no seginte enlace podedes descargar o cadernillo en pdf. http://blogunmundoespecial.blogspot.com.es/2015/10/comprension-partir-de-cortos-de.html
mércores, xuño 01, 2016
ATA SEMPRE, LORENA!
Esta mañá tocounos despedirnos da mestra Lorena, a titora do grupo 5 durante estes últimos tres meses.
Fixémoslle unha pequena sorpresa a última hora da mañá e, pola súa cara, creemos que lle gustou moito.
Gracias por acompañarnos este tempo e por ensinarnos tanto.
Que teñas moita sorte!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)