O MAR
Ti nunca viches o mar
cos seus berros bruadores,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.
-¿Tí nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?
-¿ E tí non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?
-¿Tí nunca viches o mar?
¿E sabes que non repousa?
-¿Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario