Os rapaces do grupo 3, saímos o outro día ó invenadoiro, para prantar nuns testos bulbos de tulipáns de moitas cores e de crocos amarelos
.
Xa tiñamos na clase dous xacintos que nos trouxo Tania, pero éstes están en tarros de vidro.
Pedímoslle axuda a Fran, o profe de cultivos, que nos prestou as palas ,e nos explicou como tiñamos que facer.
Agora só temos que lembrarnos de regar, levar os testos para á entrada os venres para que lles de a claridade e esperar.....
Teremos paciencia???
Ningún comentario:
Publicar un comentario