As regletas de Napier son unha ferramienta de cálculo que sorprende pola súa sencillez. Simplemente son as táboas de multiplicar escritas sobre uns depresores, pero con elas as multiplicacións, divisións e incluso as raíces cadradas e cúbicas redúcense a sinxelas sumas e restas.
Napier publicou o seu invento no 1617 e rápidamente expandeuse por toda Europa. Grazas a elas, comerciantes, contables e recaudadores de impuestos podían facer os seus cálculos máis a presa e sen necesidade de saber moita aritmética, sumar e restar era suficiente. Para facerte unha idea da importancia deste invento considera que o descoñecemento das operacións básicas era algo habitual naquela época.
Vamos multiplicar 537×6 :
- Coloca a regleta guía á esquerda e a continuación as regletas 5, 3 e 7.
- Fíxate na fila do 6.
- Suma os números de cada diagonal empezando pola dereita. É dicir, 2, 8+4=12 ( quédome coas unidades e levo 1), 0+1 +1=2, 3.O resultado sería 3222.Para multiplicar 537×6 só hai que sumar as diagonales da fila 6 empezando pola dereita. No teesquezas das levadas.Obténse o resultado rápido e fácilmente: 3222Si queres multiplicar por varias cifras, por exemplo 456×84 faino en dous pasos, multiplica por 4, logo por 8 e suma os resultados (desprazando o resultado de multiplicar por 8 un lugar á esquerda claro).
Para multiplicar números con cifras repetidas precisarás de máis regletas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario