sábado, decembro 19, 2015
VACACIÓNS !!!!
Todos os alumnos e profesores do colexio, desexámoslles unhas Felices Festas!!!!
Agora nos tocan uns días que o único que temos que facer é......DESCANSAR !!!!
mércores, decembro 16, 2015
Xornada de Cine
martes, decembro 15, 2015
Galletas de Nadal
O Nadal está a volta da esquina e hoxe, para despedir aos nenos do G1 e G2 que non voltan conosco ata a volta de vacacións, decidimos facer un obradoiro de galletas navideñas na aula-taller do FP básico de Restauración. Mmm.. quedaron moi boas! E como nos saíron máis da conta, as merendaremos tamén mañá co resto de alumnos que acostuman vir na segunda metade da semana.
Aquí tedes unha montaxe coas fotos do proceso. Como podedes ver, os rapaces agardaban espectantes mentres estaban as galletas no forno.
Aquí tedes unha montaxe coas fotos do proceso. Como podedes ver, os rapaces agardaban espectantes mentres estaban as galletas no forno.
Xogos tradicionais
Hoxe, aproveitando unha tregua que nos deu a choiva, saímos un anaco ao patio do cole e xogamos a algúns xogos tradicionais (corda, bolos, aros, roda-roda...) gozando así dunha xornada na que traballamos a motricidade e coordinación motriz e fomentamos a socialización e interacción dos nenos dos diferentes grupos. Ademais, lembramos que para divertirnos non é imprescindible a tecnoloxía, a cal cada vez ocupa máis e máis tempo nas nosas vidas.
Deixámosvos unas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
luns, decembro 14, 2015
TOLERANCIA
No día de hoxe traballamos a TOLERANCIA apoiádonos nos seguintes vídeos.
xoves, decembro 03, 2015
Día Internacional das persoas con Di-Capacidade .
Este xoves, como cada 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das persoas con Di-Capacidade.
Non debemos pór o acento no que non se pode facer senón nas súas capacidades, por iso DI-CAPACIDADE.
Deixo unha recopilación(hai moitos máis) de contos,música, curtametraxes para explicar á rapazada, a Diversidade Funcional que podemos atoparnos na sociedade na que vivimos.
Mi hermanito de la Luna
Deixo unha recopilación(hai moitos máis) de contos,música, curtametraxes para explicar á rapazada, a Diversidade Funcional que podemos atoparnos na sociedade na que vivimos.
- Por cuatro esquinitas de nada.
- El cazo de Lorenzo.(o libro está dispoñible en galego)
Cuerdas (actualmente non é posible velo enteiro no youtube, hai que mercalo)
- Orejas de mariposa.
EL DESVÁN DEL DUENDE & LANGUI - DI QUE SÍ (SI SE QUIERE SE PUEDE)
luns, novembro 30, 2015
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego é unha obra que explica dunha forma sinxela e concreta a vida nunha aldea de hai máis de cincuenta anos relatada por un neno que comprende perfectamente os problemas desa vida. É un texto clásico da literatura galega que contén unha gran riqueza léxica propia da zona de Galiza da que é natural o autor. Tras ler esta novela, decatámonos de como eran a vida e os valores do noso país nesa época, e axúdanos a entender a sorte que temos por poder expresarnos libremente na nosa lingua e na nosa terra.
Memorias dun neno labrego
A educación prohibida
"La escuela ha cumplido ya más de 200 años de existencia y es aún considerada la principal forma de acceso a la educación. Hoy en día, la escuela y la educación son conceptos ampliamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, instituciones educativas, medios de comunicación y espacios de la sociedad civil. Desde su origen, la institución escolar ha estado caracterizada por estructuras y prácticas que hoy se consideran mayormente obsoletas y anacrónicas. Decimos que no acompañan las necesidades del siglo XXI. Su principal falencia se encuentra en un diseño que no considera la naturaleza del aprendizaje, la libertad de elección o la importancia que tienen el amor y los vínculos humanos en el desarrollo individual y colectivo.
A partir de estas reflexiones críticas han surgido, a lo largo de los años, propuestas y prácticas que pensaron y piensan la educación de una forma diferente. "La Educación Prohibida" es una película documental que propone recuperar muchas de ellas, explorar sus ideas y visibilizar aquellas experiencias que se han atrevido a cambiar las estructuras del modelo educativo de la escuela tradicional.
Más de 90 entrevistas a educadores, académicos, profesionales, autores, madres y padres; un recorrido por 8 países de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas no convencionales; más de 25.000 seguidores en las redes sociales antes de su estreno y un total de 704 coproductores que participaron en su financiación colectiva, convirtieron a "La Educación Prohibida" en un fenómeno único. Un proyecto totalmente independiente de una magnitud inédita, que da cuenta de la necesidad latente del crecimiento y surgimiento de nuevas formas de educación.
Si quieres que la peli esté en tu idioma podes ayudarnos a través de nuestra plataforma de traducción colaborativa, escribenos un mail a: traducciones@educacionprohibida.org
Se permite y alienta la copia, modificación, adaptación, traducción y exhibición pública de esta película, siempre que no existan fines de lucro y se mantengan estas mismas condiciones. Copyleft 2012. La cultura se protege compartiéndola.
Licencia: Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0"
Sitio Web Oficial (para descargarla): http://www.educacionprohibida.com
Mapa de Proyecciones Independientes: http://proyecciones.educacionprohibida.com/mapa/
Ciencia en galego (canle de vídeos)
Canle de vídeos divulgativos de carácter científico en galego do Grupo
Divulgare. Conta coa colaboración da Área de Normalización Lingüística
da Universidade de Vigo.
Máis videos na seguinte ligazón:https://vimeo.com/channels/cienciaengalego: https://vimeo.com/channels/cienciaengalego/page:2 https://vimeo.com/channels/cienciaengalego/page:3
Máis videos na seguinte ligazón:https://vimeo.com/channels/cienciaengalego: https://vimeo.com/channels/cienciaengalego/page:2 https://vimeo.com/channels/cienciaengalego/page:3
domingo, novembro 29, 2015
Finou Xosé Neira Vilas
Foise un grande da humildade, da galeguidade, da historia do século XX, a voz dos "ninguéns". Que a terra che sexa leve e que a memoria faga xustiza a quen tanto nos honrou en vida e obra. Até sempre!
Curta onde Semete fala co escritor sobre Memorias dun neno labrego, sobre a lingua, sobre o futuro e sobre a propia Semente.
Entrevista realizada para as xornadas de ensino da CIG e a AS-PG o 12 de setembro de 2011 por Marga do Val. Realización Xoán Carlos Garrido
Actividades Lim:memorias dun neno labrego
Entrevista realizada para as xornadas de ensino da CIG e a AS-PG o 12 de setembro de 2011 por Marga do Val. Realización Xoán Carlos Garrido
Actividades Lim:memorias dun neno labrego
venres, novembro 27, 2015
xoves, novembro 26, 2015
Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela - Banda sonora de cine-
Na xornada escolar de onte (o alumnado de Programas) e hoxe (os de formáción básica) asistimos ao concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela que tivo lugar no Auditorio. O tema central do concerto foron as bandas sonoras de cine:
1. Curtametraxe O Xigante.
2. Curtametraxe Pídelo tú.
3. Jurassic Park.
4. Picapiedras.
5. Simpsoms.
Aproveitando que fomos andando puxemos en práctica as nocións de seguridade viaria que nos deu esta semana a Policía Local.
Na dúas primeiras imaxes podemos apreciar que a zona do colexio carece de beirarúa para camiñar o que conleva un perigo nas saídas que facemos.
mércores, novembro 25, 2015
"O RÍO" ( Os soños na gaiola, Manuel María )
O
RÍO
O
río pasa correndo,
non
se para con ninguén.
O
río canta prás cousas
e
canta pra min tamén.
¡O
río canta prás arbres
paxareiras
da ribeira!
¡O
río canta prós prados
e
prás nubes viaxeiras!
A
todos di o seu cantar
con
escuro e claro son.
¡
A todos di o seu cantar
anque
llo escoiten ou non !
25N. Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres.
O 25 de Novembro é o día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. No centro organizamos unha xornada para concenciar e educar á rapazada na loita contra as violencias machistas.
Collage feito por Formoso do G4.
Collage feito por Formoso do G4.
Hoxe saímos na prensa
Na Voz de Galicia (na edición en papel) na páxina local de Santiago saímos verbo da visita de onte da Policía Local de Santiago de Compostela.
martes, novembro 24, 2015
Educación Viaria
Hoxe visitounos a Policía Local de Santiago de Compostela para impartir unha charla de Educación Viaria. Damos as grazas a Diana, Eulogio e Carlos pola visita e a exposición tan pedagóxica que fixeron do tema. Simplente, habia que ver á rapazada seguindo atentanente as explicacións e respostando a todas as preguntas.Tamén agradezemos ao Concello de Santiago polo libro "un paseo seguro-consellos de educación viaria-"; E unha baralla dee atención e memoria "seguridade viaria-Si Quero"
luns, novembro 23, 2015
Parabéns Tania!!!
Hoxe a nosa gran Tania cumpriu 16 anos. E para celebralo trouxo unha torta preciosa chea de gominolas. E como non podía ser doutro modo puxémonos morados
venres, novembro 20, 2015
Parabéns Jose Machado!!
O pasado xoves día 12 Jose Machado cupliu 15 anos. Fixeron un festón na clase onde comeron unha torta feita por eles, froita e algunha lambotada. E todo amenizado con música.
mércores, novembro 18, 2015
O MONSTRUO DE CORES ......O MEDO
Aproveitando o paso do Samaín, a semana pasada traballamos o MEDO.
Na biblioteca do centro fixemos un obradoiro de pintura donde participaron todos os alumnos.
O resultado foi o seguinte....
Na biblioteca do centro fixemos un obradoiro de pintura donde participaron todos os alumnos.
O resultado foi o seguinte....
martes, novembro 17, 2015
ADEUS VERÓNICA!!
A semana pasada despedimos a Verónica, a nosa alumna de prácticas.
Despedímola con unha pequena festa sorpresa con todos os nosos alumnos, na cal lle agradecemos o seu traballo durante este tempo, en especial o traballo no grupo dous.
Moitas gracias Verónica e visítarnos pronto!!
Despedímola con unha pequena festa sorpresa con todos os nosos alumnos, na cal lle agradecemos o seu traballo durante este tempo, en especial o traballo no grupo dous.
Moitas gracias Verónica e visítarnos pronto!!
domingo, novembro 15, 2015
" O MAR "
Xa temos poema para esta semana...titúlase " O mar"", e co bo tempo que temos estes días , resulta moi apetecible ir darse unha voltiña pola praia....
O MAR
Ti nunca viches o mar
cos seus berros bruadores,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.
-¿Tí nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?
-¿ E tí non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?
-¿Tí nunca viches o mar?
¿E sabes que non repousa?
-¿Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa!
mércores, novembro 11, 2015
Parabéns Hugo!
O pasado domingo día 8, o noso pequeno Hugo cumpliu nove anos. Por iso, hoxe celebramos o seu aniversario facendo un pouco de globoflexia, indo a piscina de bolas e montando unha festa cos seus compañeiros/as dos demais grupos do cole. Comimos gusanitos, patacas fritas, gominolas e, como non, un anaco de tarta. Despois, queimamos as calorias bailando música actual.
En resumo, pasámolo xenial.
BOLSA DE AUGA ATRAVESADA POR LAPIS
Seremos quen de atravesar unha bolsa chea de auga cun lapis? mira o seguinte video.
BOLSA DE AUGA ATRAVESADA POR LAPIS from Manuel Siaba leston on Vimeo.
AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE
O noso Centro dispón dunha aula específica de Audición e linguaxe co obxectivo de promover e desenvolver a prevención dos problemas da linguaxe: á
potenciación das capacidades comunicativo-lingüísticas, e a a
solución de problemas específicos da linguaxe e comunicación.
"O ARCO DA VELLA "
"O
arco da vella"
( Manuel María, "os soños na gaiola")
O
arco da vella
no
ceo subido
co
seu colorín
co
seu colorido.
O
arco da vella
con
sete colores
que
teñen , no ceo,
beleza
de flores.
O
arco da vella
no
ceo chantado
co
seu colorín,
co
seu colorado.
O
arco da vella
é
un arco triunfal
con
sete guerreriros
que
a ninguén fan mal.
O
arco da vella
de
luz feito é.
¡
Resulta un milagre
que
siga de pé !
martes, novembro 10, 2015
Festival do Samaín - 2º parte -
Como xa sabedes, o pasado venres celebramos o Samaín no cole. Esta festividade, que non significa máis que o fin do verán e o principio do inverno, antigamente era a noite máis perigosa do ano xa que as portas do mundo dos mortos abríanse e as ánimas viñan visitar este mundo. Por iso, decidimos disfrazarnos de monstros e ningún mellor que o noso monstro particular: "O monstro de cores".
Para iso, ao longo da semana cada clase elaborou os seus disfraces, cada grupo dunha emoción diferente (de amarelo a alegría, de azul a tristura, de vermello a rabia, de negro o medo, e de verde a calma) e desfilamos no salón de actos baixo a música de cinco cancións que nos evocaron as diferentes emocións.
Aquí podedes ver unhas fotos dos diferentes grupos e pequenos fragmentos do desfile dos nosos nenos.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
CENTRO,
EDNL,
G1,
G2,
G3,
G4,
G5,
O MONSTRO DE CORES,
SAMAÍN
domingo, novembro 08, 2015
Ideas para celebrar o Samaín coa rapazada
-Dentro do seu disco Brinca vai! (Kalandraka) Paco Nogueiras cántalle ao Samaín e tamén lle pon imaxes
- Dentro da colección Pimpín por aquí non vin (Galaxia), atopamos un libriño que é tamén un xogo de preguntas e respostas sobre a "festa das cabazas".
- A familia máis popular entre a rapazada galega tamén celebra o Samaín. Os personaxes de Pepe Carreiro protagonizan unha unidade didáctica coa historia da festa, xogos, receitas... Sen tempo para o aburrimento.
-O Samaín pode ser un bo momento para atender o que conta Un pesadelo no meu armario (Kalandraka), un volume útil para espantar medos.
-Unha boa noite para poñer o medo no seu sitio é a do Samaín. Podémolo facer con Sinforoso, o can temeroso, a historia dun canciño que "choromica polo día" e "pola noite agocha o rabo polo medio das patiñas". Está incluído na colección d'Os libros da merenda, de Urco Editora.
-Nesta noite do Samaín mortos e vivos andan mesturados. Pero o resto do ano, a morte tamén está presente. N'A miña amiga invisible (Baía Edicións) Ana explica como superou a morte da súa avoa.
-Fiz é, nada máis e nada menos, que "o neno máis medorento do mundo". En libro e en vídeo (OQO Editora), Fina Casalderrey e Teresa Lima trasládannos a unha historia ben bonita na que se amosa
que expresar os sentimentos non é, para nada, algo malo.
-No CEIP de Pazos, en Ferrol, propoñen pasar un anaco do Samaín cos pasatempos interactivos que deseñaron no centro.
- Dentro da colección Pimpín por aquí non vin (Galaxia), atopamos un libriño que é tamén un xogo de preguntas e respostas sobre a "festa das cabazas".
- A familia máis popular entre a rapazada galega tamén celebra o Samaín. Os personaxes de Pepe Carreiro protagonizan unha unidade didáctica coa historia da festa, xogos, receitas... Sen tempo para o aburrimento.
-O Samaín pode ser un bo momento para atender o que conta Un pesadelo no meu armario (Kalandraka), un volume útil para espantar medos.
-Na web Galicia Encantada ofrecen unha amplísima listaxe de cocos e monstros cos que dar sustos na noite do Samaín. Así e todo, xa advirten que non teñen por que facer mal: "poñen medo, aínda que a maioría son inofensivos"
-Este é un conto moi popular en Portugal e no Brasil, con títulos diversos: A velha e os lobos, O macaco e a cabaça, A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo. OQO editouna como Corre corre, cabaciña e nel cóntase como unha velliña que vai á voda da súa neta atopa polo camiño un lobo, un oso e un león que a queren comer e, no canto de asustarse ou escapar, negocia con eles.
-Unha boa noite para poñer o medo no seu sitio é a do Samaín. Podémolo facer con Sinforoso, o can temeroso, a historia dun canciño que "choromica polo día" e "pola noite agocha o rabo polo medio das patiñas". Está incluído na colección d'Os libros da merenda, de Urco Editora.
-Nesta noite do Samaín mortos e vivos andan mesturados. Pero o resto do ano, a morte tamén está presente. N'A miña amiga invisible (Baía Edicións) Ana explica como superou a morte da súa avoa.
-Fiz é, nada máis e nada menos, que "o neno máis medorento do mundo". En libro e en vídeo (OQO Editora), Fina Casalderrey e Teresa Lima trasládannos a unha historia ben bonita na que se amosa
que expresar os sentimentos non é, para nada, algo malo.
-No CEIP de Pazos, en Ferrol, propoñen pasar un anaco do Samaín cos pasatempos interactivos que deseñaron no centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)