Hoxe, aproveitando unha tregua que nos deu a choiva, saímos un anaco ao patio do cole e xogamos a algúns xogos tradicionais (corda, bolos, aros, roda-roda...) gozando así dunha xornada na que traballamos a motricidade e coordinación motriz e fomentamos a socialización e interacción dos nenos dos diferentes grupos. Ademais, lembramos que para divertirnos non é imprescindible a tecnoloxía, a cal cada vez ocupa máis e máis tempo nas nosas vidas.
Deixámosvos unas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario