venres, xaneiro 15, 2016

HEROES ANIMADOS

O xoves 14 de xaneiro fixemos unha saída á  Sede Afundación de Santiago de Compostela. Por mór das inclemencias metereolóxicas tivemos que ir en taxi até a Rúa do Vilar onde nos esperaba a amiga Vanessa. Digo amiga porque xa non é a primeira vez, nin esperemos a última, que nos recibe, ademais é a encargada da visita guiada e do obradoiro de plástica. Moitas grazas Vanessa.

«Heroes Animados» (do 20 de novembro ao 24 de xaneiro) é unha exposición exclusiva para Afundación que pon á nosa disposición a orixinalidade, a innovación e a calidade do traballo realizado por un dos máis prestixiosos centros creativos do sector, Grangel Studio, empresa especializada na creación de personaxes para o cinema de animación que leva realizado durante os seus 25 anos de existencia importantes traballos a nivel internacional.

Esta exposición achéganos unha grande mostra de todo o proceso de creación dun personaxe a través de inesquecibles filmes coma O príncipe de ExiptoSpirit, o corcel indomableA ruta cara a El DoradoSimbad: a lenda dos sete maresO EspantatiburónsMadagascarKung-Fu PandaComo adestrar o teu dragónA Noiva Cadáver de Tim Burton, Piratas! e Hotel Transilvania.

Logo da visita tomamos unha pequena media mañá  na prata baixa da Sede Afundación. Ao remate da mesma e xa que o tempo acompañaba fomos andando para o cole, atravesando a Alameda, xogando no parque de Fonseca,...









mércores, xaneiro 13, 2016

Descubrindo onde vivimos


Esta semana e as vindeiras estamos descubrindo o lugar onde vivimos.
A presente unidade didáctica está pensada para que o alumnado sexa quen de observar o que o rodea cunha mirada nova, diferente e mesmo crítica, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa percepción do espazo e, en consecuencia, o coñecemento que ten do medio no que vive, sexa rural ou urbano. Pretendemos que esta ollada nova lle permita fuxir de emitir opinións simplistas (bonito-feo, gústame-non me gusta) e o poña no camiño de ir criando unha actitude crítica cara os espazos que habita. O traballo comeza coas percepcións sensoriais: cores, luces e sombras, olores, formas e figuras, materiais... da vivenda do alumno/a, do seu colexio e contorno máis próximo, pois só despois de descubrir e mergullarse perceptivamente no seu contorno poderán reflexionar sobre calquera outra realidade. En xeral as actividades son variadas, mesturando estratexias individuais e grupais, dentro e fóra da aula, conformando unha secuencia de actividades dirixidas. É moi importante motivar ao alumnado na realización das actividades en grupo, ben na súa realización directa ou ben na súa contrastación dentro da clase, dado que entendemos que os espazos son unha construción colectiva da que nos apropiamos e, por iso, a súa comprensión debe facerse grupalmente.
Podedes descargar o material no seguinte enlace http://proxectoterra.coag.es/index.php/arquivo/descargas-pdf.html

martes, xaneiro 12, 2016

NOMES GALEGOS PARA A CHUVIA E O CHOVER


Hoxe deixamos esta versión do poema de Díaz Castro musicado por Pablo Díaz e orientado ao público máis noviño do país.
Lembramos que Pablo Díaz recibiu no 2015 o premiio Martin Codax na categoría de música infantil.

Tamén fixemos o seguinte encrucillado.
CHUVIA E CHOVER

luns, xaneiro 11, 2016

Tipos de Chuvia

Conta a lenda.... que existen na Galiza máis de cen tipos de chuvia distinta. Na seguinte lámina recollemos 9 delas. Mirando o tempo pola fiestra da aula hoxe tivemos: Babuxa e froallo. Mañá teremos?



VISITA Á CASA -MUSEO MANUEL MARÍA EN OUTEIRO DE REI

Os primeiros calendarios xa están repartidos:
 O primeiro de todos levámolo en persoa a Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei , alí nos atendeu Fran, o encargado do Museo, fíxonos unha visita guiada  cunha explicación moi interesante, demóslle o calendario que prometeu que esa mesma tarde llo levaría a Saleta ( muller de Manuel María ), gustóulle moito.
Aproveitamos para mercar algún libro e CD da súa obra, que en breve disfrutaremos todos no cole.
Velaí unha montaxe da visita:



Os seguintes mandámosllos ao Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña, donde Pura Galán, que é a Coordinadora dos Equipos sempre nos axuda tanto.
Así que os nosos Calendarios xa están de xira...e nós con eles....!!!


domingo, xaneiro 10, 2016

CALENDARIO 2016



Este ano o calendario do cole, elaboróuno o EDLG ( o Equipo de dinamización da Lingua Galega), aproveitando a figura do escritor Manuel María, que xa todos coñecedes, que é a quen se lle adica o Día das letras Galegas deste ano.


Cada mes, unha das clases do colexio fixo un traballo relativo a algún dos seus poemas, que previamente traballaron na aula.
Para comenzar o mes de xaneiro ,foron os alumnos e alumnas do Taller de Cerámica , realizaron con barro uns Chifres, dirixidos pola profesora Susana, que por certo, algún deles ata soa ben...por suposto, para lembrarnos o poema do mesmo nome, incluído no libro "Os soños na Gaiola". Velaí a imaxe que leva este mes e o poema.





"O CHIFRE "

Eu teño un chifre chifreiro.
Eu teño un chifre chifrón,
tan silbador e algareiro
que a todos chama a atención.

Eu teño un chifre chifreiro,
que mo mercaron na feira.
O seu silbo silbador
resoa na aldea enteira...!

Eu dou ordes co meu chifre, 
ando a ordenar con silbatos:
-Que florezan as roseiras,
que chíen ben os paxaros...!

-Que maduren as cerdeiras,
as figueiras e os mazairos !
E que veñan ben cargados
de xoguetes os Reis Magos...!

-Teño un chifre de verdade!
teño un chifre verdadeiro!
Non quero chifres de palla
nin de casca de salgueiro...! 

Cada rapaz do cole levará un para casa, así que  todos o iredes vendo. Esperamos que vos guste, nel estamos todos ...