O xoves 14 de xaneiro fixemos unha saída á Sede Afundación de Santiago de Compostela. Por mór das inclemencias metereolóxicas tivemos que ir en taxi até a Rúa do Vilar onde nos esperaba a amiga Vanessa. Digo amiga porque xa non é a primeira vez, nin esperemos a última, que nos recibe, ademais é a encargada da visita guiada e do obradoiro de plástica. Moitas grazas Vanessa.
«Heroes Animados» (do 20 de novembro ao 24 de xaneiro) é unha exposición exclusiva para Afundación que
pon á nosa disposición a orixinalidade, a innovación e a calidade do
traballo realizado por un dos máis prestixiosos centros creativos do
sector, Grangel Studio, empresa especializada na
creación de personaxes para o cinema de animación que leva realizado
durante os seus 25 anos de existencia importantes traballos a nivel
internacional.
Esta exposición achéganos unha grande mostra de todo o proceso de creación dun personaxe a través de inesquecibles filmes coma O príncipe de Exipto, Spirit, o corcel indomable, A ruta cara a El Dorado, Simbad: a lenda dos sete mares, O Espantatiburóns, Madagascar, Kung-Fu Panda, Como adestrar o teu dragón, A Noiva Cadáver de Tim Burton, Piratas! e Hotel Transilvania.
Logo da visita tomamos unha pequena media mañá na prata baixa da Sede Afundación. Ao remate da mesma e xa que o tempo acompañaba fomos andando para o cole, atravesando a Alameda, xogando no parque de Fonseca,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario