O venres a rapazada de Programas, no salón de actos, fixo uha teatralización de varias curtametraxes e os de Formación Básica desfilamos as emocións do Monstro das cores (próxima entrada). Moi antentos ao blogue.
sábado, novembro 07, 2015
venres, novembro 06, 2015
videos de cursos pasados
curso 013-014
Curso 014-15
Presentacion fin de curso 012-13 from Manuel Siaba leston on Vimeo.
Curso 012-13Obradoiro "COHESIÓN DE GRUPO"
O Departamento de Orientación organizou un obradoiro que ten como obxectivo principal a cohesión grupal, a través de dinámicas que fomenten o aumento da autoestima, as relacións positivas entre os membros do grupo clase e o traballo en equipo. Todos os aspectos axudarán a mellorar a convivencia e o desenvolvemento persoal dentro do grupo.
Dito obradoiro ten lugar na aula de Sociedade en tres sesións de 50 minutos durante os mes de outubro.
Dito obradoiro ten lugar na aula de Sociedade en tres sesións de 50 minutos durante os mes de outubro.
mércores, novembro 04, 2015
" O OURIZO "
( Manuel María, Os soños na gaiola )
O
OURIZO
Co
seu ouro vello, mol
o
ourizo ouriceiro
toma
o sol
no
bico dun castiñeiro.
Tal
un señor moi mandón:
no
bico dun castiñeiro
o
ourizón
toma
o sol moi riseiro.
O
ourizo está moi ledo
coa
súa casa ben pechada
-¡
ouh, que medo!-
de
espiñas toda cercada.
Quer
botar unha risada
e
os seus dentes arregaña
case
un nada:
¡e
xa fuxiu a castaña...!
Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas-2015-
Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións.
Desta vez o autor do manifesto para o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é o científico e divulgador da Universidade de Santiago, Jorge Mira,
quen lembra no seu fermoso texto que "o galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia."
O departamento de TIC CEIP Alexandre Bóveda leva xa un tempo preparando este LIM sobre a científica Angeles Alvariño. Se pinchades neste enlace poderedes acceder ao LIM:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandreboveda/node/442e
Tamén podes completar a seguinte actividade para saber máis da súa vida.
Ángeles Alvariño González

CARPINTARÍA I
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)