xoves, outubro 08, 2015

ESTADO DA MATERIA I

Hoxe a rapazada do G5, con Neli á cabeza, fixeron un experimento para observar como a materia cambia de estado (ESTAR) Sólido (DURO) a Líquido (BRANDO). Empregaron ceras de refugallo. Miren o vídeo.

Uxía Lambona e Banda Molona

Hoxe no Centro recibimos un estupendo agasallo en formato Cd da  banda de música infantil: " Uxía Lambona e Banda Molona". Este disco recolle os clásicos populares galegos aportando a súa particular visión, desde A Carolina "rapeada" ata O Jato "rockeiro"...
GRAZAS!!


mércores, outubro 07, 2015

O MONSTRO DE CORES III

Como xa sabedes, dende este mes estamos a traballar co conto de Anna Llenas Serra. Cada semana centrámonos nunha das cinco emocións que se recollen no mesmo: ledicia (amarelo), tristura (azul), rabia (vermello), medo (negro) e calma (verde). Esta semana comezamos coa primeira e, para iso, organizamos unha sesión de traballo conxunta na biblioteca na que lembramos a historia e representamos diferentes accións que provocan ledicia nos nosos alumnos. Ao final, coloreamos de amarelo diferentes materiais para facer o mural que formará parte do corredor do colexio e que vos ensinaremos cando estea rematado.


martes, outubro 06, 2015

POEMA 2 "A MUIÑEIRA"

“A muiñeira”, Manuel María atopa o vínculo entre o pasado e o futuro do que nos estivo a falar nos anteriores poemas ("Galicia"," O Tractor", "Xogos": se o que nos espera é como o noso baile máis característico, a saber: forte, seguro de si, ledo..., seguro que é moi bo.
Resumindo: non podemos ter un porvir exitoso se non agarimamos, e non aprendemos, do que nos antecede.


                              
       
                        Video feito polas alumnas de 5ºB de primaria do CEIP Graxal, Mar e Marta.

 Completa ti o poema A muiñeira de Manuel María rematando a terceira estrofa e inventa unha cuarta: A muiñeira Vella muiñeira, alma de Galicia: nácesnos no sangue con forza e ledicia. Leda muiñeira, amor e canción, rosa que se abre na nosa paixón! Forte muiñeira… Manuel María (adaptación).

domingo, outubro 04, 2015

O MONSTRO DE CORES II

O pasado venres xuntamos aos rapaces e rapazas para, a través do proxector, ensinarlles as fotografías que lles fixemos na biblioteca mentres facían as actividades relacionadas co conto que estamos a traballar. Gustoulles moito poder reparar neles mesmos e gozaron moito do traballo realizado.  


xoves, outubro 01, 2015

SEMENTEIRA

Os rapaces do grupo 3, saímos o outro día ó invenadoiro, para prantar nuns testos bulbos de  tulipáns de moitas cores e de crocos amarelos


.
Xa tiñamos na clase dous xacintos que nos trouxo Tania, pero éstes están en tarros de vidro.
Pedímoslle axuda a Fran, o profe de cultivos, que nos prestou as palas ,e nos explicou como tiñamos que facer.
Agora só temos que lembrarnos de regar, levar os testos para á entrada os venres para que lles de a claridade e esperar.....
Teremos paciencia???