Este é o título do libro de Eric Carle que estamos a empregar para desenvolver o noso proxecto. Este recurso ofrécenos moitísimas posibilidades didácticas, non so para descubrir o proceso de cria de vermes de seda senón para reforzar a aprendizaxe dos días da semana, os números, os alimentos, a pirámide nutricional, etc.
Se premedes AQUI escoitaredes o conto narrado polo alumnado dun centro da nosa comunidade.
Ademais, a continuación podedes ver os vídeos que grabamos esta última semana nos cales vense (de xeito acelerado) aos nosos vermes rillando na moreira, a única planta da que se alimenta. Tamén é moi curioso o último vídeo do proceso de muda da pel que realizan para poder crecer cada vez máis ata fabricar a súa propia crisálida e así poder converterse nunha bolboreta.
Xa vos iremos ensinando máis fotos do proceso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario