A data do 8 de marzo foi instituída para reivindicar os dereitos das mulleres .Desde o punto de vista educativo, o 8 de marzo debe ser tamén unha data
para reflexionarmos sobre a coeducación, sobre as estratexias para
coeducar nas aulas, sobre os avances ou non na visibilización das
mulleres, das nenas, na sociedade actual e o papel do ensino nese
proceso.
Aquelas persoas interesadas podedes visitar a exposición "Cen mulleres ilustres galegas e moitas máis" que está no corredor da primeira pranta do Centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario